A aparencia do doce era moi boa, pero estaba moi salgado.
Asiduidade
Definición:
Recorrente, que acontece con frecuencia.
Exemplo:
Vai ao ximnasio con asiduidade para manterse en boa condición física.
Miñoca
Definición:
Verme de cor rosada que vive en terreos húmidos.
Exemplo:
Na horta había moitas miñocas debaixo da terra.
Como o ves?
Sigue avanzando!
Decátaste de que unha mesma obra de arte fai xurdir emocións diferentes segundo cada persoa?
Isto mesmo pode pasar coa percepción que temos de nós mesmos e a que teñen os demais.
Audio
Aclarando conceptos
Falando dun mesmo, hai dous termos que debemos ter claros e que en moitos casos se empregan como sinónimos: o autoconcepto e a autoestima.
Ambas as palabras comezan co prefixo "auto", que fai referencia a un mesmo, pero a terminación é completamente diferente:
Autoconcepto: é o concepto que unha persoa ten sobre si mesma, é dicir, a descrición que facemos de como somos.
Autoestima: é a valoración que se dá sobre o concepto que se ten dun mesmo, podendo ser positiva ou negativa.
Lectura facilitada
Falando dun mesmo, hai dúas palabras importantes: autoconcepto e autoestima.
As dúas palabras comezan con "auto".
"Auto" significa sobre un mesmo.
Autoconcepto é o concepto que unha persoa ten sobre si mesma.
É a descrición de como é a persoa.
Autoestima é a valoración que a persoa fai do seu autoconcepto.
A valoración pode ser positiva ou negativa.
Audio
Como es?
No teu caderno escribe tres adxectivos que ilustren como es ti, relacionados co ámbito psicolóxico, é dicir, relacionados coa túa personalidade e carácter (tímido/a, atrevido/a, interesante...). Unha vez rematado, escribe tres logros que alcanzaras ata o momento.
Finalizada a tarefa, lellos ao teu grupo. Como te sentiches ao facelo?
Lectura facilitada
Escribe no teu caderno 3 adxectivos da túa personalidade e carácter.
Podes usar exemplos como tímido ou tímida, ou interesante entre outros.
Despois escribe 3 logros que alcanzaches ata agora.
Logo le o texto ao teu grupo.
Comenta como te sentes ao ler o que escribiches.
Audio
Corazón ou cabeza?
Desde que nos levantamos pasamos o día tomando decisións que van marcando a nosa vida. Decidir implica escoller entre dúas ou máis opcións. Hai decisións que nos resultan fáciles de tomar, pero hai outras que poñen en conflito os nosos principios e cústanos elixir unha solución "correcta".
Sigamos definindo aquilo que nos fai únicos/as e diferentes. Ponte a proba para coñecerte máis. Por que opción te decantarías?
Atopas o agasallo perfecto para o teu mellor amigo. Se o compras, quedarías sen cartos para todo o mes. Que farías?
Queres estudar un curso moi caro que che encanta, pero a túa familia recoméndache que fagas un que teña máis opcións de futuro. Cal elixes?
Ves á túa mellor amiga copiando nun exame, que farías? Dicirllo ao profesor ou non contar nada?
Escribe no teu caderno a resposta a cada pregunta, así como o motivo desa elección.
Posteriormente, de maneira oral, analizaremos as respostas con todo o alumnado da aula.
Lectura facilitada
Desde que te levantas tomas decisións durante o día.
As decisións marcan a túa vida.
Decidir é escoller entre 2 ou máis opcións.
Algunhas decisións son fáciles de tomar.
Outras decisións son difíciles.
Ás veces as decisións crean un conflito cos teus valores.
Neses momentos custa elixir unha opción.
Agora imos poñerte a proba.
Pensa ben en cada situación.
Atopas o agasallo perfecto para o teu mellor amigo.
Se compras o agasallo quedas sen cartos para todo o mes.
Que fas nesa situación?
Queres estudar un curso moi caro.
O curso gústache moito.
A túa familia recomenda outro curso con máis futuro.
Que curso escolles?
Ves á túa mellor amiga copiando nun exame.
Podes dicirllo á persoa docente.
Tamén podes non contar nada.
Que fas nesa situación?
Agora escribe no teu caderno a resposta de cada pregunta.
Tamén escribe o motivo da túa elección.
Despois falaremos das respostas na aula.
Audio
Dilemas morais
Este tipo de situacións é o que se denomina un dilema moral.
Son situacións complexas nas que tomar unha decisión implica sacrificar ou comprometer valores importantes.
Non existe unha solución correcta clara, calquera das opcións repercute, dalgún xeito, nun principio moral. O importante é como xustifiquemos a elección.
Resolvelo require dunha reflexión profunda sobre os nosos valores persoais e a importancia que lles damos.
Un exemplo moi coñecido de dilema moral é o seguinte.
Un tranvía vai sen control por unha vía onde hai cinco persoas atadas. Afortunadamente, existe unha panca que permite cambiar o tranvía a unha vía secundaria, pero hai unha persoa atada nesa. Que decisión debería tomarse?
Intenta resolver o dilema seguindo os pasos que aparecen no modelo do documento adxunto. Ao final atoparás un exemplo de resolución.
O importante é explicar por que escolles unha opción.
Para resolver un dilema necesitas reflexionar.
Tes que pensar nos teus valores persoais.
Tes que pensar na importancia de cada valor para ti.
Agora le este exemplo de dilema moral.
Un tranvía vai sen control por unha vía.
Na vía hai 5 persoas atadas.
Existe unha panca que cambia o tranvía para outra vía.
Na outra vía hai unha persoa atada.
Tes que decidir que facer.
Resolve o dilema seguindo os pasos do modelo.
Os pasos aparecen no documento adxunto.
Ao final do documento hai un exemplo de resolución.
Audio
Debatendo
O compoñente emocional está intimamente ligado ao ser humano. Tendo en conta todo o traballado ata o momento, imos facer un debate sobre as emocións e os robots.
Antes, visualiza este vídeo co fin de poñerte en situación.
Audio
O punto de vista
"O tigre, o león e a pantera son animais inofensivos, en cambio, as galiñas, os patos e as ocas son tremendamente perigosos". Explicáballe a miñoca aos seus fillos.
Reflexiona sobre o que acabas de ler e responde as seguintes cuestións:
Cres que as aparencias enganan?
Algunha vez xulgaches a alguén polas súas aparencias?
Sabes o que son os estereotipos? E os prexuízos? En caso contrario busca estas dúas palabras no dicionario.