Lenzo en branco

Nestas semanas descubrín unha emoción nova. Teño moitas ganas de formar parte do voso museo, xuntarme preto doutras obras que saiban expresar o mesmo que eu sinto. Aínda que comprendín que cadaquén sente dun xeito distinto. Observei con calma as diferentes manifestacións de amor de recoñecidos artistas: o xeito no que Gustav Klimt recrea un bico, o abrazo de Francisco de Goya ou os namorados de Pierre-Auguste Renoir.
O amor sempre será o camiño, a máis fermosa exposición de arte.
Lectura facilitada
Nestas semanas descubro unha emoción nova.
Quero formar parte do voso museo.
Quero estar preto doutras obras que expresen a mesma emoción que sinto.
Entendo unha idea importante.
Cada persoa sente dun xeito diferente.
Eu observo outras obras con calma.
Vexo distintas formas de amor.
- O bico de Gustav Klimt.
- O abrazo de Francisco de Goya.
- Os namorados de Pierre-Auguste Renoir.
O amor é importante na arte.
O amor conecta as persoas.
