Saltar navegación

Rúbricas

Rúbrica do proxecto final

Aspecto a avaliar 0 puntos 0,3 puntos 0,5 puntos 0,7 puntos 1 punto
Consecución dun modelo funcional e cun uso real (3 puntos) Non se conseguiu un modelo funcional ou non ten un uso práctico xustificado. O modelo funciona parcialmente, pero o uso real non está suficientemente argumentado. O modelo funciona con certas limitacións na súa aplicación práctica e a súa xustificación é mellorable. O modelo é funcional e ten un uso práctico xustificado, pero con limitacións na súa implementación ou documentación. O modelo funciona perfectamente e ten un uso práctico ben argumentado e claramente enfocado á resolución do problema.
Seguimento do proceso de traballo (2 puntos) Non se realizaron os pasos adecuados no proceso. Realizáronse todas as etapas, pero de xeito superficial ou incompletas. Realizáronse todas as etapas, pero cunha reflexión escasa sobre o proceso. Realizáronse todas as etapas, pero non se explican ou argumentan con precisión. Proceso completo, reflexivo e preciso.
Presentación do proxecto no portafolio (2 puntos) Non se realizou unha presentación ou está totalmente incompleta no portafolio. Presentación incompleta, con falta de explicacións relevantes ou con erros importantes. Presentación adecuada, pero con detalles mellorables en claridade ou argumentación. Presentación adecuada, pero con puntos mellorables como falta de detalles ou conexión clara entre as etapas do proxecto. Presentación moi ben organizada, clara e visual no portafolio, con rexistro detallado e argumentación sólida das conclusións e propostas.

Rúbrica do Portafolio

Criterios de avaliación 1 (Excelente) 0,7 (Bo) 0,5 (Aceptable) 0,35 (Mellorable) 0 (Insuficiente)
Claridade e estrutura do portafolio (1 punto) O portafolio está perfectamente organizado, con todas as seccións ben definidas e interconectadas. O portafolio está organizado e maiormente claro, con pequenas áreas que poderían mellorarse. O portafolio é funcional, pero presenta algunhas carencias na claridade e conexión das seccións. O portafolio ten varias seccións desorganizadas ou con pouca cohesión. O portafolio está desestruturado e é difícil de entender.
Relevancia e completude dos contidos (1 punto) Inclúe todos os elementos esixidos, tratando os temas de forma exhaustiva e con exemplos relevantes. Inclúe case todos os elementos, cun tratamento adecuado pero non sempre exhaustivo. Inclúe a maior parte dos elementos pero con explicacións pouco desenvolvidas. Faltan elementos clave ou o tratamento é pouco profundo e repetitivo. Non inclúe os elementos básicos ou os contidos son pouco relevantes.
Creatividade na presentación (1 punto) A presentación é moi creativa e atraínte, empregando elementos visuais e dixitais que enriquecen o traballo. A presentación é clara e visualmente agradable, pero con creatividade limitada. A presentación mostra certo esforzo visual, pero podería mellorar en orixinalidade. A presentación é funcional pero pouco atractiva ou sen esforzo estético. A presentación é descoidada, desorganizada ou falta de esforzo visual.