A IA non é cousa do futuro nin das películas de ciencia ficción; está entre nós, nas aplicacións que usamos a diario, nas redes sociais, nos dispositivos intelixentes e mesmo nos algoritmos que deciden moitas cousas na nosa vida cotiá. Ó rematar Como pensan as máquinas? poderás comprender como funciona a IA, como interactúa co mundo e como podes utilizala de forma responsable, crítica e creativa.
Un camiño fascinante que está ao teu alcance.
Que e como vas a aprender?
Que vas a aprender?
A través de este recurso e as súas actividades, aprenderás ...
-
Que é a intelixencia artificial e como interactúa na nosa vida diaria.
-
Como as máquinas aprenden , detectan patróns e fan predicións a través de diferentes métodos.
-
A adestrar o teu propio modelo de IA aplicándoo a problemas reais.
-
A reflexionar sobre o impacto da IA no mundo, aprendendo o mellor xeito de usala.
Como vas a aprender?
Para conseguir todo o anterior...
Atoparás actividades prácticas en cada apartado como:
- cuestionarios dos conceptos básicos
- estudos de caso con debates grupais sobre os posibles usos e melloras da IA
- experimentación e proba dos algoritmos máis utilizados
- proxectos guiados e finais de modelos de IA.
- todo o anterior o irás reflectindo no teu portafolio dixital
Por exemplo, traducirás imaxes a números, detectarás bordes en figuras, probarás o funcionamento dunha rede neuronal e deseñarás árbores de decisión. Estas actividades axudaranche a conectar os conceptos con aplicacións reais.
Traballarás combinando actividades individuais e grupais:
- Terás momentos de traballo autónomo, como reflexións no teu portafolio, e cuestionarios
- Discusións sobre casos reais e ficticios en gran grupo
- Experimentación de algoritmos ou xeneración de modelos de IA en pequeno grupo
Temporalización: As actividades que deberás realizar terán unha duración de entre 1 e 4 sesións dependendo da complexidade
- as primeiras sobre conceptos básicos 1 sesión cada unha
- a experimentación de algoritmos 2 sesións
- o proxecto final, 4 sesións
Que e como se che vai a avaliar?
O proceso de avaliación incluirá...
Durante as actividades, irás organizando un portafolio cos conceptos máis relevantes de cada apartado, as resolucións das prácticas e actividades propostas e o proxecto final. Ambos serán os produtos finais a entregar.
Autoavaliación: Poderás comprobar o teu avance cunha lista de cotexo de cada sección e terás acceso ás rúbricas que usará o profesorado , isto axudarache a comprobar se estás alcanzando os obxectivos
Avaliación do profesorado:
- Durante o proceso: avaliará o progreso mediante as rúbricas para o portafolio e proxecto final, e realizará a retroalimentación
- Ó finalizar o ODE cualificará o portafolio 30% e o proxecto final 70%