Como senten?
Os humanos percibimos as cousas que podemos ver, oír, cheirar, saborear e tocar. Eses son os datos que o noso corpo está a recibir a través dos nosos cinco sentidos. Pero hai moitas outras cousas que se poden percibir no mundo, como campos eléctricos, campos magnéticos, ondas de son de alta frecuencia, calor corporal ou cambios químicos na auga. Estes son tipos de datos que os animais poden detectar, pero os humanos non.
Para poder percibir máis tipos de datos, os humanos crearon ferramentas tecnolóxicas como cámaras, sensores de temperatura, radares ou telescopios. Estas ferramentas permítennos recompilar datos que van máis aló do que os nosos cinco sentidos poden percibir.
E as máquinas van moito máis alá, non só poden detectar datos que nin nós nin os animais poden detectar, senón que poden procesar unha cantidade de datos inimaxinable.