Dato, información , coñecemento
Seguro que eres capaz de seguir esta secuencia de dato, dato con contexto(información), comprensión e toma de decisións...
Dato
Un dato é simplemente unha representación de algo que podes medir ou detectar.
Por exemplo, a temperatura dunha habitación, a cor dunha flor ou o son dunha campá e no exemplo, o número 38. Estes son datos.
Información
Pero ter datos non é suficiente. Tamén necesitamos relacionalos e darlles contexto para poder entender a información que representan e convertela en coñecemento. No exemplo, saber que o número 38 provén dun termómetro, dalle contexto, convírteo en información.
A información é o conxunto organizado e procesado de datos que proporciona significado e contexto, permitindo a comprensión e o coñecemento sobre un tema ou situación.
A información resulta de analizar, interpretar e estruturar os datos de maneira que sexan útiles para a toma de decisións, a comunicación e a resolución de problemas. No exemplo, ter 38 grados, implica que ten febre e comprende que está enferma, actuando en consecuencia.
Exemplo: Diferenza Dato vs Información
- Dato
-
É unha peza simple e sen procesar de información. Por si só, non ten un significado claro.
Por exemplo, o número "25" é un dato. Non sabemos se se refire á idade de alguén, a temperatura en graos, ou a cantidade de mazás que hai.
- Información
-
É o resultado de organizar e procesar datos, dándolles un contexto e significado.
Por exemplo, se dicimos "María ten 25 anos", estamos a transformar o dato "25" en información útil. Dinos algo específico sobre María.
lumalabs.ai. Torta 25 aniversario (CC BY-SA)
Coñecemento
Cando o noso cerebro analiza e sintetiza a información, entende como se interconectan os diferentes elementos da información, como se relacionan entre si e como forman un todo coherente, e é capaz de tomar os coñecementos adquiridos e aplicalos en novos contextos ou situacións, non só repetilos de memoria, está creando coñecemento.
Isto implica ir máis aló da simple memorización ou repetición de información, e no seu lugar, desenvolver unha comprensión máis completa e significativa dos conceptos, ideas e principios involucrados.
Por exemplo, despós de comprender o significado dunha torta co número 25 enriba, somos capaces de comprender outra torta diferente con outro número, ou outra torta con candeas indicando a idade en lugar do número.
Somos capaces de usar o aprendido noutras circunstancias, xeneralizando e abstraendo , detectando patróns comúns.
Exemplo: Diferenza Dato vs Información vs Coñecemento
Diferenza entre Dato , Información e Coñecemento utilizando un exemplo de pezas dun crebacabezas dun gato:
- Dato
-
Un dato é un elemento básico, sen procesar, que representa unha característica ou atributo dunha entidade.
Copilot. Peza crebacabezas (CC BY-SA) No exemplo do crebacabezas, un dato sería unha soa peza do crebacabezas, sen relación coas demais.
Por si só, unha peza do crebacabezas non ten significado, é simplemente unha unidade de información básica.
- Información
-
A información é o resultado de organizar, estruturar e dar significado aos datos.
No exemplo, cando se xuntan varias pezas do crebacabezas e empézase a formar a imaxe do gato, estamos a transformar os datos (pezas) en información.A información permítenos comezar a entender e comprender o que representa o crebacabezas.
- Coñecemento
-
O coñecemento é a comprensión máis profunda e completa que se obtén ao procesar, analizar e interpretar a información.
Copilot. Crebacabezas completo gato (CC BY-SA)
No exemplo, cando terminamos de armar o crebacabezas e podemos ver claramente a imaxe completa do gato, adquirimos o coñecemento do que representa ese crebacabezas, e de como resolver outros.O coñecemento permítenos utilizar a información de maneira efectiva e tomar decisións ou accións noutros contextos.