Xa está aquí...
A Intelixencia Artificial xa está aquí hai tempo. O problema é que en moitas ocasións non somos conscientes de estar a usar estes sistemas de IA.
Rodeados de IA
Cando vemos, por exemplo, un programa de computador xogando ao xadrez e gañando ao campión mundial humano, entendemos que o sistema informático está a detectar onde están as pezas, decidindo cal é a seguinte xogada en base a algún tipo de estratexia… Está, por tanto, realizando certas funcións cognitivas, como percibir, razoar ou resolver problemas que asociamos á intelixencia das persoas. Isto sería un sistema de intelixencia artificial.
Ou por exemplo, cando vemos un coche de condución autónoma, o sistema que goberna o coche ten que estar a percibir a contorna e tomando decisións sobre cando acelerar, frear, virar o volante para esquivar un obstáculo… De novo, esas son funcións que nós relacionamos co razoamento humano e que, por tanto, pensamos que requiren intelixencia.
E gran parte das técnicas que usamos hoxe día non son modernas, desenvolvéronse hai décadas, por que agora ?
É certo que nos últimos anos producíronse varias circunstancias que permitiron un maior desenvolvemento da intelixencia artificial.
- En primeiro lugar, polas grandes cantidades de datos dispoñibles que temos para adestrar estes sistemas. Algo que ten que ver cos datos que xeramos cos teléfonos intelixentes e as nosas interaccións na internet.
- E tamén está relacionado cos procesos de dixitalización do mundo físico mediante o uso de sensores que recompilan todo tipo de información de temperatura, de humidade,de movemento…o que coñecemos como o internet das cousas.
- Ademais, cada vez temos sistemas de almacenamento e procesamento de información máis grandes, potentes e baratos, o que permite xestionar estas inxentes cantidades de datos.
- E, por último, a comunidade científica e as empresas tecnolóxicas están a xerar melloras nos algoritmos e as arquitecturas que usan os sistemas de IA, de maneira que cada vez podamos resolver máis e máis tipos de problemas distintos.
En consecuencia, o certo é que xa estamos rodeados de sistemas de intelixencia artificial que utilizamos no noso día a día, e que teñen un gran impacto nas nosas vidas. Loxística, saúde, finanzas, seguridade, agricultura… é complicado pensar nun campo da industria que non se estea transformando coa intelixencia artificial!
Que é a intelixencia artificial (IA)?
A intelixencia artificial é como darlle un “cerebro” ás máquinas para que poidan emular ou simular facer cousas, que normalmente só os humanos podemos facer. É un conxunto de ferramentas e técnicas que axudan ás máquinas para pensar e actuar de maneira similar a nós.
Emular e simular?
Imaxina que tes un robot. Se o robot emula a unha persoa, significa que copia exactamente o que esa persoa fai. Por exemplo, se ti sorrís, o robot tamén sorrí. Emular é replicar exactamente un comportamento. No exemplo do xogo de axedrez, o robot faría exactamente o mesmo movemento ca tí.
Doutra banda, se o robot simula a unha persoa, non ten que copiar exactamente, senón que pode aprender a facer algo parecido. Por exemplo, se ti estás triste, o robot podería mostrar unha cara de preocupación, pero non necesariamente ten que chorar como o farías ti. Simular busca crear un modelo para estudar, analizar un comportamento e aprender a realizar accións similares, pero non idénticas. No exemplo do axedrez, o robot executaría unha acción distinta a tí, pero aprendida de todas as accións que estudou e analizou.
Que pode facer a intelixencia artificial coma tí?
- Captar información: As máquinas poden "ver" e "escoitar" o que pasa á súa ao redor. Por exemplo, un asistente virtual como Siri ou Alexa escoita cando lle falas...igual que ti.
- Influír na súa contorna: As máquinas poden facer cousas que cambian a súa contorna. Por exemplo, un robot aspirador pode moverse pola túa casa e limpar o chan...igual que ti.
- Aprender: As máquinas poden aprender da información que reciben. Por exemplo, se xogas un xogo de preguntas e respostas cunha IA, pode lembrar as túas respostas e mellorar no seguinte xogo. Como cando tí xogas un videoxogo e aprendes a xogar mellor cada vez.
- Almacenar e recuperar información: As máquinas poden gardar datos e logo atopalos cando os necesitan. Por exemplo, Google garda información de millóns de páxinas web e móstracha cando buscas algo. Como cando ti gardas as túas fotos no teléfono e as buscas máis tarde.
- Razoar: As máquinas poden tomar decisións baseadas na información que teñen. Por exemplo, un coche autónomo (que se manexa só) decide cando frear ou virar baseándose no que "ve" ao seu ao redor...igual que tí , un programa de recomendacións na túa plataforma favorita, decide que serie suxerirte baseándose no que xa viches.
Definición
En resumo, a intelixencia artificial é como ter un “modelo de cerebro” dentro das máquinas, que lles permite facer tarefas intelixentes, como aprender , tomar decisións, e actuar de xeito similar ao que facemos os humanos.
E neste contexto, é donde nace o concepto de axentes intelixentes.