Agora tócache a tí
A intelixencia artificial (IA) pode parecer un concepto intimidante, cheo de termos técnicos e fórmulas complexas. Con todo, detrás deste mundo fascinante atópanse ideas que poden ser comprendidas de forma visual, intuitiva e práctica. Con estas actividades, queremos abrir a porta ao funcionamento básico da IA. A través de exercicios interactivos con árbores de decisión e redes neuronais, exploraremos como estas ferramentas toman decisións e aprenden da contorna. É un primeiro contacto que busca desmitificar a IA, fomentando a curiosidade e preparando o terreo para penetrarnos nos seus conceptos máis profundos....
Por iso para que non te asustes e acercarnos á comprensión de conceptos dun xeito visual e práctico, imos ver tres exemplos amplamente utilizados en IA:
- O algoritmo de Árbores de decisión, pola súa facilidade de comprensión para os humanos, e un exemplo moi claro de ML
- A técnica de Redes neuronais convolucionais CNN , por ser as máis ampliamente usadas na actualidade, e un exemplo de DL
- Aprendizaxe supervisada, a máis común tanto en ML coma en DL