Saltar navegación

Taller de ciencia (con solucións)

Estudo de caso

No departamento de Microbioloxía no que te atopas acabas de recibir información actualizada coa evolución do número de casos da enfermidade de VirusaX, producida polo virus H1N4 nunha pequena localidade do interior de Galicia, de menos de 15.000 habitantes. 

Obxectivo
Aplicar conceptos matemáticos como porcentaxes, gráficos de barras e medias aritméticas á análise de datos epidemiolóxicos sobre a incidencia dunha enfermidade.

Introdución
Nunha comunidade, fixeron un seguimento dos casos dunha enfermidade infecciosa durante 8 semanas.

Rexistraron cantas persoas se contaxiaron cada semana.

Queremos analizar estes datos para entender como se espallou a enfermidade.

Datos
Aquí están os datos recollidos:

Semana 1 2 3 4 5 6 7 8
Novos casos 15 22 19 25 30 28 35 40

Accede ás seccións de traballo e responde ás preguntas. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)