Obxectivos
| Estación de traballo de microbioloxía |
Os obxectivos didácticos desta estación de traballo son:
- Identificar ou clasificar os diferentes patóxenos na súa categoría como celulares (bacterias, fungos, protozoos ou gusanos) ou acelulares (virus e prións) a partir de imaxes ou descricións.
- Diferenciar enfermidades infecciosas e non infecciosas.
- Clasificar unha enfermidade non infecciosa (xenética, nutricional, autoinmune, etc) atendendo ás súas características ou descrición.
Os obxectivos didácticos de carácter transversal que se traballarán nesta estación de traballo son:
- Analizar información en diferentes formatos (táboas, gráficas, textos), seleccionar, comprender e extraer conclusións.
- Citar e usar de forma correcta as fontes de información.
- Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas