A Yersinia pestis é unha bacteria que ten unha forma de bacilo e é o axente causante da peste. Esta enfermidade altamente infecciosa, tamén coñecida como "a peste negra", foi responsable de varias pandemias devastadoras ao longo da historia, a máis famosa das cales ocorreu no século XIV, eliminando a unha gran parte da poboación europea, entre o 30% e o 60%.
A transmisión da Yersinia pestis ocorre principalmente a través da picadura de pulgas infectadas, que á súa vez contraen a bacteria de roedores, como ratas. Unha vez dentro do corpo humano, a bacteria pode causar tres formas principais de peste: bubónica, septicémica e pneumónica. A peste bubónica é a máis común e caracterízase pola inflamación dolorosa dos ganglios linfáticos, coñecidos como bubóns. Sen tratamento, a infección pode progresar rapidamente e levar á morte.
Aínda que hoxe en día existen tratamentos efectivos con antibióticos, a Yersinia pestis segue sendo un organismo de preocupación debido ao seu potencial uso como arma biolóxica e a posibles brotes en rexións con condicións sanitarias deficientes. Por iso, a vixilancia epidemiolóxica e a investigación continua son esenciais para previr e controlar posibles epidemias futuras.
O virus da variola é o axente causante da varíola, unha enfermidade altamente contaxiosa e mortal. A transmisión ocorre principalmente por contacto directo con persoas infectadas ou con obxectos contaminados, así como por gotas respiratorias.
A varíola caracterízase pola aparición de febre alta, fatiga, e unha erupción cutánea que se transforma en pústulas cheas de pus. Estas pústulas poden deixar cicatrices permanentes na pel das persoas que sobreviven á enfermidade. A taxa de mortalidade da varíola era moi alta, especialmente nas formas máis graves, como a varíola maior.
A loita contra o virus da variola culminou cun éxito sen precedentes na historia da medicina. A través dunha campaña global de vacinación, a varíola foi erradicada oficialmente en 1980. Este logro representa a primeira e, ata agora, única erradicación dunha enfermidade infecciosa humana.
Aínda que o virus da variola xa non circula na natureza, algúns laboratorios manteñen mostras do virus con fins de investigación, baixo estrictas medidas de seguridade.
Virus VIH
Daniel Beyer, adaptado por Luis Fernández García. Virus VIH(CC BY-SA)
O virus da inmunodeficiencia humana (VIH) é o axente causante da síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA). Descuberto nos anos 80, este virus ataca e destrúe as células do sistema inmunitario, debilitando progresivamente as defensas do corpo contra infeccións e enfermidades. A transmisión do VIH prodúcese a través do contacto con fluídos corporais como sangue, seme, fluído vaxinal e leite materno. As principais vías de contaxio son as relacións sexuais sen protección, o uso compartido de agullas contaminadas e a transmisión de nai a fillo durante o parto ou a lactancia.
Aínda que non existe unha cura para o VIH, os avances médicos permitiron desenvolver tratamentos antirretrovirais que, administrados correctamente, poden reducir a carga viral a niveis indetectables, permitindo ás persoas con VIH levar unha vida longa e saudable. A prevención e a concienciación seguen sendo fundamentais na loita contra esta pandemia, destacando o uso de preservativos, a educación sexual e o acceso a programas de detección e tratamento.
A gripe española de 1918, causada polo virus Influenza A, subtipo H1N1, é unha das pandemias máis letais rexistradas. Estímase que infectou a un terzo da poboación mundial e causou a morte de entre 50 e 100 millóns de persoas nun só ano. A diferenza doutras cepas de gripe, o virus H1N1 afectou gravemente a adultos novos e sans, ademais dos grupos máis vulnerables como nenos e anciáns. A rápida propagación do virus facilitouse pola Primeira Guerra Mundial, co movemento masivo de tropas e as precarias condicións de vida nas trincheiras. A pesar do seu nome, a gripe española non se orixinou en España; denominouse así porque España, país neutral na guerra, informou libremente sobre a pandemia, mentres que outros países belixerantes censuraron a información para manter a moral.
Enfermidades infecciosas
As enfermidades infecciosas están provocadas por organismos patóxenos (virus, bacterias, protozoos, fungos, algúns invertebrados, como as tenias...) que penetran no noso organismo.
Os patóxenos son microorganismos que causan enfermidades en seres vivos. Entre eles atópanse bacterias, virus, fungos e parasitos que poden afectar a humanos, animais e plantas, provocando infeccións e outras patoloxías. Porén, non todos os microorganismos son prexudiciais. Moitos son beneficiosos e fundamentais para a vida. As bacterias do xénero Lactobacillus, por exemplo, axudan na dixestión e fortalecen o sistema inmunitario. Ademais, algúns microorganismos son empregados na biotecnoloxía para producir medicamentos, como a insulina, ou na fabricación de alimentos fermentados como o queixo e o iogur.
Segundo o tipo de patóxeno que produza as enfermidades infecciosas, podemos atopar patóxenos celulares ou patóxeno acelulares.
1. Os patóxenos celulares poden ser bacterias, fungos ou parasitos.
Bacterias
As bacterias son os principais patóxenos que causan enfermidades no ser humano, e contan coas seguintes características:
Son unicelulares, formados por unha célula procariota.
Non presentan núcleo definido e teñen paredes celulares ríxidas.
Poden transmitirse polo aire, auga, alimentos en mal estado ou feridas.
As infeccións prodúcense pola multiplicación rápida das bacterias que danan os tecidos ou por fabricación de substancias tóxicas.
Os seres humanos somos portadores de moitos tipos de bacterias beneficiosas, especialmente na pel e sistema dixestivo (flora intestinal).
As bacterias patóxenas (prexudiciais) poden causas enfermidades inflamatorias como a farinxite, amigdalite e outras máis severas como a tuberculose, o cólera ou a febre tifoidea.
Son pluricelulares, formados por células eucariotas con pareces celulares grosas de quitina.
Transmítense por contacto en zonas húmidas.
Poden causar enfermedades de diferente gravidade en función do estado de saúde da persoa infectada, desde infeccións superficiais na pel (pé de atleta, tiña) ata infeccións xeralizadas.
2. Os patóxenos acelulares poden ser virus ou prións.
Virus
Os virus non son células e non se consideran seres vivos porque son parásitos intracelulares obrigados. Isto significa que non son capaces de crecer, desarrollarse e reproducirse por si mesmos. Deben ingresar nas células e utilizar a súa maquinaria para reproducirse.
Teñen o seu material xenético envolto por unha capa de proteínas cilíndrica ou poliédrica (cápside) que pode, á súa vez, estar recuberto doutra bicapa chamada envoltura.
Teñen formas variadas: esferas, icosaedros, filamentos, etc.
Poden transmitirse por numerosas vías (aire, auga, alimentos, fluídos).
Imaxe ao microscopio de células infectadas co virus do mono
Os prións son proteínas infecciosas, é decir, proteínas defectuosas que teñen a súa estrutura modificada. Causan enfermidades neurodexenerativas, coñecidas como encefalopatías esponxiformes transmisibles.
Poden transmitirse por contaxio entre persoas ou entre diferentes especies.
Imaxe por computadora dunha proteína errónea ou prión
Gemma CR. Mapa mental cos tipos de patóxenos(CC BY-SA)Gemma CR(CC BY-SA)
Exercicios
Exercicio 1: Identificación e Clasificación de Microorganismos Patóxenos
Obxectivo
Coñecer diferentes tipos de microorganismos patóxenos e como se clasifican.
Contextualización e instrucións
Acabas de chegar ao departamento de Microbioloxía do IESpital Xeral. Como primeira toma de contacto co departamento, debes demostrar que manexas os conceptos básicos para poder traballar neste departamento.
Apartado a. Investiga e define os seguintes termos: bacterias, virus, fungos e parasitos.
Apartado b. Proporciona un exemplo de cada tipo de microorganismo patóxeno e describe brevemente a enfermidade que causan.
Apartado c. Clasifica os seguintes microorganismos segundo sexan bacterias, virus, fungos ou parasitos:
Mycobacterium tuberculosis
VIH (Virus da inmunodeficiencia humana)
Plasmodium falciparum
Candida albicans
Tricomonas vaginalis
Paramixovirus
Microsporum
Exercicio 2: Ciclo de Vida e Transmisión de Enfermidades
Obxectivo:
Investigar como se transmiten os microorganismos patóxenos e o seu ciclo de vida.
Contextualización e instrucións:
Gemma CR. Email redactado polo dep. de comunicación creado con Canva(CC BY-SA)
Exercicio 3: Impacto dos Microorganismos Patóxenos na Sociedade
Obxectivo:
Analizar o impacto das enfermidades causadas por microorganismos patóxenos.
Contextualización e instrucións:
Escolle unha enfermidade causada por un microorganismo patóxeno e realiza unha investigación sobre o seu impacto na sociedade.
Escribe un informe dunha páxina que inclúa:
Unha breve descrición da enfermidade e o microorganismo que a causa.
Estatísticas de incidencia e mortalidade a nivel global e no teu país.
Impacto social: efectos na calidade de vida, educación e traballo.
Presenta os teus achados á clase grabando un podcast a partir do teu informe nunha exposición breve (5 minutos).