Saltar navegación

Enfermidades non infecciosas

Agora que xa coñecemos os conceptos básicos sobre as enfermidades infecciosas e non infecciosas, aplicaremos os nosos coñecementos á resolución de casos clínicos do noso HospiVital.

Información

As enfermidades non infecciosas

Non están provocadas por organismos patóxenos, senón por outras causas (avellentamento, accidentes, características conxénitas, malos hábitos de vida...).

Non se transmiten duns individuos a outros.

Clasificación das enfermidades non infecciosas: 

Xenéticas

Transmítense hereditariamente e están determinadas polos xenes. Exemplos: hemofilia, fibrose quística.

Imaxe dunha persoa con hemofilia
MyUpchar. Hemofilia (Dominio público)

Nutricionais.

 Causadas por malos hábitos ou carencia de nutrientes esenciais. Exemplos: obesidade, raquitismo, anorexia.

Imaxe de ósos con raquitismo
Posible2006. Esquema de ósos con raquitismo (CC BY-SA)

Dexenerativas

Teñen relación co proceso de envellecemento, debido ao deterioro de tecidos e órganos. Exemplos: artrite, alzheimer, osteoporose. 

Animación de ósos con osteoporose
Scientific Animations. Osteoporose (CC BY-SA)

Autoinmunes

O sistema inmunitario ataca aos propios tecidos ou órganos, ou ben non actúa polo que se favorece o desarrollo de enfermidades. Exemplos: esclerose múltiple, esclerose lateral amiotrófica, artrite reumatoide. 

Imaxe dunha man con artrite reumatoide
Laboratoires Servier. Artrite reumatoide (Dominio público)

Alérxicas

O sistema inmunitario actúa de forma esaxerada ante substancias inofensivas para a maioría das persoas. Exemplos: celiaquía, alerxia á proteína do ovo. 

Imaxe dunha reacción alérxica con erupción cutánea
Afrobrazilian. Reacción alérxica (CC BY-SA)

Endócrina ou metabólica

Alteranse órganos que segregan ou reciben hormonas ou ben fallan as reaccions químicas nas células. Exemplos: diabete, hipotiroidismo, hipertiroidismo.

Imaxe dunha persoa cun aparato para media a glicosa
i-Sens USA. Diabetes (Dominio público)

Traumáticas 

Causadas por golpes ou feridas. Exemplos: fractura, queimadura, contusión, fisura, intoxicacións...

Fractura de ósos no nocello
Smart . Fractura (CC BY-SA)

Tumorais ou neoplásicas

Causadas polo crecemento descontrolado dun grupo de células (tumor) que pode invadir outros tecidos (metástase). Exemplos: cancro de pulmón, cancro de mama. 

Imaxe dun carcinoma
Smart - Servier Medical Art. Carcinoma (CC BY-SA)

Transtornos mentais 

Alteracións do pensamento, comportamento ou emocións. Exemplos: depresión, esquizofrenia ou ansiedade. 

Imaxe dunha nena triste
Mohamed Hassan. Depresión (Dominio público)

Enfermidades que afectan a sistemas

Afectan de forma específica a un sistema determinado (cardiovascular, dixestivo, etc). 

Imaxe dun inhalador para o asma
Mohamed Hassan. Inhalador para unha crise de asma (Dominio público)

Por exposición a riscos ambientais ou laborais

Comprenden un amplo grupo de enfermidades que dependen dos riscos aos que están expostos.  Exemplos: Asbestose por amianto ou bursite por carga de pesos excesivos.

radiografía dun pulmón con asbestose
Steve M. Radiografía dun pulmón con asbestose (CC BY-SA)

 

Lectura facilitada

As Enfermidades Non Infecciosas
As enfermidades non infecciosas non son causadas por xermes, senón por outras razóns como o avellentamento, accidentes, problemas xenéticos, malos hábitos de vida, etc. Estas enfermidades non se transmiten de persoa a persoa. Aquí explicamos os diferentes tipos de enfermidades non infecciosas.

Tipos de Enfermidades Non Infecciosas
1. Xenéticas

Son hereditarias e están determinadas polos xenes.
Exemplos: Hemofilia, fibrose quística.

2. Nutricionais

Causadas por malos hábitos alimentarios ou falta de nutrientes.
Exemplos: Obesidade, raquitismo, anorexia.

3. Dexenerativas

Relacionadas co envellecemento e o deterioro dos tecidos e órganos.
Exemplos: Artrite, alzheimer, osteoporose.

4. Autoinmunes

O sistema inmunitario ataca os propios tecidos ou non actúa correctamente.
Exemplos: Esclerose múltiple, esclerose lateral amiotrófica, artrite reumatoide.

5. Alérxicas

O sistema inmunitario reacciona de forma excesiva ante substancias inofensivas.
Exemplos: Celiaquía, alerxia á proteína do ovo.

6. Endócrinas ou Metabólicas

Problemas nos órganos que producen ou responden a hormonas, ou fallos nas reaccións químicas das células.
Exemplos: Diabete, hipotiroidismo, hipertiroidismo.

7. Traumáticas

Causadas por golpes ou feridas.
Exemplos: Fracturas, queimaduras, contusións, fisuras, intoxicacións.

8. Tumorais ou Neoplásicas

Crecemento descontrolado dun grupo de células (tumor) que pode invadir outros tecidos (metástase).
Exemplos: Cancro de pulmón, cancro de mama.

9. Trastornos Mentais

Alteracións do pensamento, comportamento ou emocións.
Exemplos: Depresión, esquizofrenia, ansiedade.

10. Enfermidades que Afectan a Sistemas Específicos

Afectan de forma específica a un sistema do corpo (cardiovascular, dixestivo, etc.).

11. Por Exposición a Riscos Ambientais ou Laborais

Dependen dos riscos aos que se está exposto.
Exemplos: Asbestose por amianto, bursite por cargar pesos excesivos

Audio

Elaboración propia. Transcrición a audio do texto sobre enfermidades infecciosas (CC BY-SA)

Apoio visual

Mapa mental para apoio visual
Gemma CR. Mapa mental sobre as enfermidades non infecciosas elaborado con Text2MindMap (CC BY-SA)

Clasifica as enfermidades non infecciosas. Test

Pregunta

A enfermidade de Addison está causada polo defecto na secreción das glándulas suprarrenais. Isto provoca perda de peso, debilidade, deshidratación e hipoglicemia. 

Trátase dunha enfermidade ...

Suxestión

As glándulas suprarenais teñen forma triangular e sitúanse enriba dos riles. Producen varias hormonas, como o cortisol, aldosterona, adrenalina e noradrenalina. 

Respostas

metabólica ou endócrina

Traumática

nutricional

tumoral ou neoplásica

Retroalimentación

Pregunta

A ateroesclerose consiste na formación de placas (chamadas ateromas) na cara interior das arterias, producidas pola acumulación de colesterol no sangue. 

Suxestión

O colesterol é un tipo de lípido (graxa). Non se trata dunha hormona ou enzima.

Respostas

que afecta a sistemas. 

endócrina ou metabólica

transtorno metal

Retroalimentación

Pregunta

A psicose é un estado temporal de confusión que afecta ao pensamento, á percepción da realidade e ao comportamento. 

Respostas

transtorno mental

metabólica ou endócrina

dexenerativa

autoinmune

Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)