Coñecementos previos
A célula é a unidade mínima capaz de realizar as tres funcións vitais (nutrición, relación e reprodución).
Existen diversos tipos de células, pero todas comparten unhas estruturas básicas:
Membrana plasmática: capa delgada que recobre á célula, que permite intercambiar substancias entre o exterior e o interior.
Citoplasma: contido interno da célula, que contén orgánulos celulares que realizan funcións específicas (producir enerxía, degradar toxinas, manter a estrutura da célula, fabricar proteínas, empaquetar substancias, etc).
Material xenético: formado principalmente por ADN, que contén a información necesaria para que célula realice as actividades.
Dependendo da distribución do material xenético na célula, podemos clasificalas células como procariotas (material disperso no citoplasma) ou eucariotas (material protexido por unha envoltura chamada núcleo celular).