Saltar navegación

Ciencia en feminino

Françoise Barré-Sinoussi. Unha viróloga fronte ao VIH

Inicio dos anos oitenta do século XX. Realmente, non fai tantos anos. Os médicos de Europa e Estados Unidos comenzan a documentar estranos casos dunha rara pneumonía e de sarcoma de Kaposi en xoves ata entón sans. Acéndense as alarmas. En pouco tempo, homes, mulleres, nenos e nenas presentan enfermidades propias dunha depresión inmune severa que, na maioría dos casos, os leva á morte.

E comenza unha carreira. Unha carreira contrarreloxo contra algo descoñecido que mata a unha velocidade vertixinosa. Unha carrera contra o que se convertiría (e sigue sendo) unha pandemia. A carrera contra o SIDA e o VIH, o virus que o provoca.

E nesta carreira atopamos a unha muller. A muller que descubriu o virus e que loitou contra él coas armas que tiña nas mans; a ciencia e a educación. Esta muller é Françoise Barré-Sinoussi, unha viróloga fronte ao VIH.

Aitziber Lopez (@lopez_aitzi) doutora en química pola UPV/EHU
Fundación BBVA (CC0Fundación BBVA (Licenza estándar de YouTube)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)