Balizas
Baliza de tres caras
Baliza dunha cara
Este tipo de baliza ten só unha cara coa cor laranxa. Podemos poñer o nome da ruta (ou do xogo), a identificación do colexio, o número de baliza e un código para comprobar o paso por esa baliza.

Semellante ao anterior, leva un código QR para rexistrar o paso pola baliza.

Ver o modelo en formato PDF (nova xanela).
Lembra que, no modelo, debes cambiar o código QR polo que corresponda na túa ruta.
Crear unha baliza. Proposta con fotografías


Consellos:
Pegar a baliza de papel sobre cartón ou unha táboa de madeira cadrada utilizando cola ou verniz ecolóxico. Pintar todo coa mesma cola ou verniz para protexer da auga.
Usar cordas ou pegamento ecolóxico para suxeitar a baliza aos elementos do terreo.
Non producir cambios na zona como retirada de rochas, limpeza de vexetación ou colocación de soportes non biodegradables. No caso de ser imprescindible, optar por pequenos soportes non permanentes de madeira.
Non utilizar cravos ou parafusos porque se a baliza se solta, poderá producir danos ás persoas e animais, ademais de picar as rodas da bicicleta!


Se utilizas o visor de mapas do xeoportal da Xunta de Galicia (as imaxes son de uso libre), busca o lugar que necesitas e fai unha captura. Escolle como mapa de fondo o PNOA máis recente.







Marca "Linear course".


Despois de escribir o número preme en "Load" e abrirás o teu mapa para edición.