O compás un instrumento que se utiliza para a orientación, o funcionamento é moi simple: unha agulla imantada móvese por efecto do campo magnético da Terra e sinala a liña norte-sur. A parte da agulla que apunta ao norte píntase de cor vermella.
Partes do compás
1. Frecha de dirección do compás.
2. Regra (xeralmente en centímetros por un lado, polgadas por outro).
3.Limbo xiratorio. Indica os 4 puntos cardinais, e divídese en 360º.
4. Agulla magnética: o extremo de diferente cor indica o Norte magnético.
5. Frecha do norte, letra N, que indica o norte no limbo en movemento. (A letra N e o limbo no que se atopa e a frecha que indica o norte, xiran ao mesmo tempo).
6. Soporte transparente para a lectura de mapas.
Lectura facilitada
O compás un instrumento que se utiliza para a orientación,
o funcionamento é moi simple:
Unha agulla imantada móvese por efecto do campo magnético da Terra e sinala a liña norte-sur.
A parte da agulla que apunta ao norte píntase de cor vermella.
Partes do compás.
1. Frecha de dirección do compás.
2. Regra.
3.Limbo xiratorio.
4. Agulla magnética: o extremo de diferente cor indica o Norte magnético.
5. Frecha do norte, letra N, que indica o norte no limbo en movemento.
6. Soporte transparente para a lectura de mapas.
Audio
Como usar o compás e o mapa
Sempre que utilices o compás, debes colocalo horizontal para que a agulla magnética poda moverse con facilidade.
Orientar un mapa
Orientar un mapa é colocalo cara ao norte para situarnos mellor cando miramos o mapa.
Xiramos o limbo do compás o limbo ata que a frecha indicadora do norte no limbo coincida coa frecha de dirección.
Poñemos o compás sobre o mapa, que deben estar nunha posición o máis horizontal posible, paralelo ás liñas do mapa que indican o norte.
Xiramos o mapa e o compás ao mesmo tempo ata que a agulla magnética do compás e a frecha de dirección coinciden. Xa temos o mapa orientado cara ao norte.
Sempre que sexa posible, utiliza un compás cartográfico pois é transparente para colocar sobre os mapas.
Trazar un rumbo
Dito dunha forma sinxela, trazar un rumbo é descubrir a dirección que debemos seguir para ir desde un sitio a outro coa axuda do compás.
Supoñamos que queres ir desde o punto A ao punto B, que son dúas marcas no mapa.
Os pasos son:
Coloca o compás sobre o mapa paralelo á liña que une os puntos A e B.
Xira o limbo ata que a frecha indicadora do norte no limbo coincida coas liñas do norte no mapa.
Separa o compás do mapa e colócao horizontal sobre a palma da man. Xira a man co compás ata que a agulla magnética coincida coa frecha do norte do limbo e, cando coincidan, mira onde apunta a frecha de dirección, ese será o rumbo que debes andar para ir ata o lugar B.
Lectura facilitada
Orientar un mapa
Orientar un mapa é poñelo cara ao norte,
así é máis doado entender o mapa e saber que hai
onde estamos.
Os pasos para orientar un mapa son:
1. Xiramos o limbo do compás ata que a frecha indicadora do norte no limbo
coincida coa frecha de dirección.
2. Poñemos o mapa horizontal e enriba o compás,
paralelo ás liñas do mapa que indican o norte.
3. Xiramos o mapa e o compás ao mesmo tempo ata que a agulla magnética do compás
e a frecha de dirección coincidan.
Xa temos o mapa orientado cara ao norte.
Trazar un rumbo
É descubrir a dirección que debemos seguir para ir desde un sitio a outro coa axuda do compás.
Se queres ir do punto A ao punto B, que son dúas marcas no mapa.
Os pasos son:
1. Coloca o compás sobre o mapa paralelo á liña que une os puntos A e B.
2. Xira o limbo ata que a frecha indicadora do norte no limbo coincida coas liñas do norte no mapa.
3. Separa o compás do mapa e colócao horizontal sobre a palma da man,
xira a man co compás ata que a agulla magnética coincida coa frecha do norte do limbo.
Cando coincidan, mira onde apunta a frecha de dirección,
ese será o rumbo que debes andar para ir ata o lugar B.