Mapas en papel

1 Título
Pode indicar o tema do mapa e o lugar representado.
No caso do exemplo o título é "Mañón" e fai referencia ao nome dun concello.
2 Escala
Indica a proporción que existe entre as distancias no mapa e as distancias no mundo real. No mapa de arriba a escala é 1 a 20.000, quere dicir que 1 centímetro no mapa equivale a 20.000 centímetros na realidade, que son 200 metros.
Por exemplo se queremos ir de un sitio a outro medimos a distancia que hai no mapa e da 8,5 cm, miramos a escala do mapa e comprobamos que é 1:10.000, así que multiplicamos 8,5 x 10.000. O resultado é a distancia que camiñaremos entre eses dous sitios: 85.000 centímetros, que son 850 metros.
A escala pode indicarse mediante números e un gráfico.
3 Lenda e símbolos

A lenda explica o significado das liñas, símbolos e cores do mapa.
Se no mapa atopamos algunha marca temos que buscar na lenda ese símbolo para coñecer o que representa.
4 Cuadrícula e coordenadas

Estes elementos permiten orientar o mapa e coñecer a localización de lugares mediante as coordenadas xeográficas.
5 Información cartográfica
É o contido do mapa, onde está o debuxo da contorna. Como hai moitos tipos de mapas, a forma do debuxo pode ser moi diferente para destacar a información que corresponde a ese tipo de mapa.
Algúns tipos de mapas:
- Mapa de estradas. Destacan as vías de circulación.
- Mapa climático. A información principal refírese ao clima.
- Mapa xeolóxico. Indica as características xeolóxicas dunha zona.
- Mapa topográfico. Informa sobre os accidentes xeográficos, a toponimia, construcións humanas, e outros.
Lectura facilitada

1 Título. Nome do sitio que hai no mapa.
2 Escala. Di que diferenza de tamaño hai entre un debuxo do mapa e o obxecto real.
3 Lenda. É a explicación dos símbolos, cores e liñas que hai no mapa.
4 Liñas que se poñen no mapa para orientalo e atopar rápido sitios do mapa.
5 O debuxo do relevo.
Un dos símbolos máis importantes nos mapas topográficos son as curvas de nivel. Se observas un mapa, poderás ver moitas liñas que fan curvas polo mapa, esas liñas son as curvas de nivel.
