Saltar navegación

5.2. O traballo en equipo

Valoración do traballo en equipo

Táboa para reflexionar e valorar o funcionamento do teu grupo.

Analizamos o traballo en equipo
 Foinos xenial porque...Fixémolo ben porque...Custounos un pouco porque...Debemos mellorar porque...
Na participación e colaboraciónTodas as persoas do equipo participamos activamente e colaboramos axudando a outras. (2)Todas as persoas do equipo participamos activamente, pero non axudamos a outras persoas porque centrámonos no noso traballo. (1.5)A metade das persoas do equipo participaron activamente. (1)Só traballou unha persoa do equipo e as outras persoas integrantes do grupo non colaboraron nin axudaron. (0.5)
O clima de traballoFoi motivador e respectuoso, sen conflitos dentro do grupo. (2)Foi agradable aínda que existiron pequenos conflitos que se resolveron inmediatamente. (1.5)Foi pouco motivador porque houbo conflitos frecuentes que afectaban o traballo e que se solucionaron con axuda. (1)Foi conflitivo porque houbo moitos problemas que afectaron o traballo. (0.5)
Na posta en común de ideasTodas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas. Respectáronse as opinións e argumentouse o rexeitamento das propostas. (2)Todas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas, pero algunhas das propostas rexeitáronse sen razoamento. (1.5)A metade do grupo achegou ideas e propuxo ideas e solucións para acadar as tarefas. (1)Só unha persoa do equipo fixo achegas de ideas, o resto das persoas non levou propostas o debate. (0.5)
Para o seguimento do traballoFixemos debates e analizamos os resultados do traballo para recoller propostas de mellora. (2)Analizamos os resultados do traballo, e debatemos os resultados, pero non houbo propostas de mellora. (1.5)Analizamos os resultados do traballo, pero sen debates nin propostas de mellora. (1)Non fixemos a valoración do traballo nin debatemos os resultados. (0.5)
A autonomíaFoi plena xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda, incluso axudamos a outros grupos a organizarse. (2)Foi adecuada xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda. (1.5)Foi moderada xa que tivemos que solicitar axuda para organizar o traballo ao inicio, pero logo o equipo traballou con autonomía. (1)Foi escasa xa que solicitamos axuda en varias ocasións para organizar o traballo. (0.5)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

O pentágono do traballo en equipo

Podedes representar os resultados da reflexión sobre o traballo en equipo mediante un pentágono. Coloreade os puntos da figura segundo os apartados e resultados da táboa anterior, unindo os puntos mediante liñas, e coloreade a figura interior. 

Seredes capaces de explicar por que a figura ten esa forma?

Que conclusións sacades ao observar a figura coloreada?

Escribide no documento as propostas de mellora.

Documento co pentágono para colorear en formato PDF (nova xanela).

Documento co pentágono en formato edición.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)