5.2. O traballo en equipo

Rúbrica

Ocultar

Rúbrica para reflexionar e valorar o funcionamento do teu grupo.

Analizamos o traballo en equipo Aplicar
 Foinos excelente porque...Fixémolo ben porque...Custounos un pouco porque...Debemos mellorar porque...
Na participación e colaboraciónTodos os membros do equipo participamos activamente e colaboramos axudando a outras persoas. (2)Todos os membros do equipo participamos activamente, pero non axudamos a outras persoas porque nos centramos no noso traballo. (1.5)A metade dos membros do equipo participaron activamente. (1)Só traballou un membro do equipo e as outras persoas integrantes do grupo non colaboraron nin axudaron. (0.5)
O clima de traballoFoi motivador e respectuoso, sen conflitos dentro do grupo. (2)Foi agradable aínda que existiron pequenos conflitos que se resolveron inmediatamente. (1.5)Foi pouco motivador porque houbo conflitos frecuentes que afectaban ao traballo e que se resolveron con axuda. (1)Foi conflitivo porque houbo moitos problemas que afectaron ao traballo. (0.5)
Na posta en común de ideasTodas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas. Respectáronse as opinións e argumentouse o rexeitamento de propostas. (2)Todas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas, pero algunhas das propostas rexeitáronse sen razoamento. (1.5)A metade do grupo aportou ideas e propuxo ideas e solucións para acadar as tarefas. (1)Só un membro do equipo aportou ideas, o resto das persoas non levou propostas ao debate. (0.5)
Para o seguimento do traballoFixemos debates e analizamos os resultados do traballo para recoller propostas de mellora. (2)Analizamos os resultados do traballo, e debatemos os resultados, pero non houbo propostas de mellora. (1.5)Analizamos os resultados do traballo, pero sen debates nin propostas de mellora. (1)Non fixemos a valoración do traballo nin debatemos os resultados. (0.5)
A autonomíaFoi plena xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda, incluso axudamos a outros grupos a organizarse. (2)Foi adecuada xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda. (1.5)Foi moderada xa que tivemos que solicitar axuda para organizar o traballo ao inicio, pero logo o equipo traballou con autonomía. (1)Foi escasa xa que solicitamos axuda en varias ocasións para organizar o traballo. (0.5)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá