2.1. Que sabedes?

 

Ocultar

Glosario

Glosario

Compañeiro/a

Pictograma compañeiro

Definición:

Persoa que realiza algún tipo de actividade xunto con outra e que pertence ao mesmo equipo.

Exemplo:

Coordineime estupendamente co meu compañeiro de patinaxe.

Deporte colectivo

Pictograma deporte colectivo

Definición:

Deporte onde se enfrontan dous conxuntos ou grupos de deportistas que deben de coordinarse para acadar un obxectivo común.

Exemplo:

O fútbol é un deporte colectivo.

Deporte individual

Pictograma deporte individual

Definición:

Deporte que se practica en solitario, sen formar equipo con outros deportistas.

Exemplo:

O atletismo é un deporte individual.

Equipo

Pictograma de equipo

Definición:

Conxunto de persoas que practican un mesmo deporte para xogar partidos ou campionatos.

Exemplo:

Un equipo de ximnasia rítmica.

Grupo

Pictograma de grupo

Definición:

Conxunto de persoas ou cousas que, polo xeral, están no mesmo lugar.

Exemplo:

Un grupo de persoas.

Formación de equipos

Ocultar

Neno e nena con gomet verde na cara

O primeiro será facer grupos para poder superar o voso reto.

Para isto empregaranse gomets de distintas formas e cores. De xeito aleatorio, pegaranse na fronte de cada un de vós e teredes que xuntarvos por equipos cos compañeiros e compañeiras que teñan o mesmo gomet.

Como condición, durante o transcurso do xogo, non poderedes falar.

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Faranse grupos para superar o reto.

Usaranse gomets de distintas formas e cores.

Pegaránsevos os gomets na fronte de cada un de vós e teredes que xuntarvos por equipos cos compañeiros e compañeiras que teñan o mesmo gomet.

Non poderedes falar.

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6592/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_2.1.QUESABEDES_SA6.wav?forcedownload=1>

Macedonia deportiva

Ocultar

Deportes agrupados nun pratoEsta é unha actividade grupal sobre deportes individuais e colectivos.

Tendo en conta os grupos formados, escribiredes no modelo o maior número de deportes individuais e colectivos que se vos ocorran. O tempo que teredes será de tres minutos.

Unha vez rematado o tempo, faredes unha posta en común. 

Por cada deporte correcto sumaredes 5 puntos. Por aqueles que só o voso equipo anotase, sumaredes 10 puntos.

No momento da elección dos videotitoriais a realizar, terase en conta a puntuación acadada polos equipos.

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Escribiredes no modelo o maior número de deportes individuais e colectivos que se vos ocorran.

Tedes 3 minutos.

Despois faredes unha posta en común.

Cada deporte que escribades sumaredes 5 puntos.

Por aqueles que só o voso equipo anotase, sumaredes 10 puntos.

A puntuación acadada por cada grupo terase en conta para escoller as temáticas dos videotitoriais.

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6592/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_2.2.GOMETS_SA6.wav?forcedownload=1>

Para saber máis...

Ocultar

Neste cadro veredes dun xeito moi claro as diferenzas entre os deportes individuais e os colectivos.

Prestade atención!

DIFERENZAS ENTRE OS DEPORTES INDIVIDUAIS E COLECTIVOS
  INDIVIDUAIS COLECTIVOS
Presenza de compañeiros/as

Practícanse en solitario.

Practícanos un conxunto de persoas, en equipo.
Responsabilidade

Recae sobre si mesmo/a. 

É de todo o equipo porque existe dependencia entre as persoas. 
Interacción social

Non existe. 

Permiten compartir tempo, espazo e outros factores durante a práctica deportiva.