1.2. Presentación do reto

 

Ocultar

Glosario

Glosario

Bádminton

Pictograma bádminton

Definición:

Deporte de raqueta onde se enfrontan dous xogadores/as (individuais) ou dúas parellas (dobres) situadas en metades opostas e separados por unha rede. As persoas participantes deberán golpear un volante ou pluma coa raqueta para envialo á pista dos opoñentes.

Exemplo:

O meu deporte favorito é o bádminton.

Pickleball

Pictograma pickleball adaptación Arasaac

Definición:

Deporte de pala onde se enfrontan dous xogadores (individuais) ou dúas parellas (dobres) situadas en metades opostas e separados por unha rede. As persoas participantes deberán golpear unha pelota coa pala para enviala á pista dos opoñentes.

Exemplo:

En Educación Física xogamos ao pickleball.

Polos Creativos

Pictograma para Polos creativos

Definición:

Programa da Consellería de Educación que busca mellorar as competencias dixitais empregando medios tecnolóxicos nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.

Exemplo:

Empregamos a videocámara de Polos Creativos para gravar o videotitorial.

O voso reto

Ocultar

Bádminton e Pickleball, os dous deportes que se practicarán

Todos sabedes que, de vez en cando, visitades webs en Internet para a visualización de vídeos. Pero,  cada vez que visitades web en Internet, atopades contidos apropiados ou educativos nesas buscas?

Tendo en conta isto, o reto que se vos propón é o de crear videotitoriais educativos que axuden a aprender como se practican dous deportes individuais, o bádminton e o pickleball.

Antes de gravar eses vídeos, coñeceredes os aspectos técnicos e tácticos destes dous deportes, o que vos axudará a preparar os vosos videotitoriais.

Para iso, servirédesvos do material audiovisual de Polos Creativos.

Que vos parece? Conseguirédelo?

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Atopades contidos apropiados ou educativos con facilidade en internet?

O reto consiste en crear videotitoriais educativos que axuden a aprender como se practican dous deportes individuais, o bádminton e o pickleball.

Antes diso, coñeceredes os aspectos técnicos e tácticos dos dous deportes.

Gravaredes co material audiovisual de Polos Creativos.

Que vos parece? Conseguirédelo?

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6592/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_1.2.RETO_SA6.wav?forcedownload=1>

Seredes capaces de...

Ocultar

Pantalla cun youtuberGravar videotitoriais explicando diferentes aspectos sobre o bádminton e o pickleball?

Seredes uns auténticos e auténticas youtubers deportivos!

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6592/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_1.2.SEREDES_SA6.wav?forcedownload=1>