Videocámara
Dispositivo, xeralmente portátil, que permite rexistrar imaxes e sons.
Como organizaredes o reparto de contido a gravar?
Recordades a macedonia deportiva? Nesa actividade cada grupo conseguiu uns puntos. Empregarédelos para escoller o contido dos vosos videotitoriais, por orde de puntuación.
A continuación, podedes escoller entre os seguintes temas para o voso videotitorial.
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6592/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_3.5.OREPARTO_SA6.wav?forcedownload=1>
Escollede algunha das seguintes temáticas do bádminton para o voso videotitorial.
O bádminton é un deporte individual practicado en España, pero non naceu aquí...
Onde naceu? Cando? Como chegou ata o noso país?
Todo deporte necesita un regulamento que permita manter a orde e solucionar posibles conflitos que poidan xurdir...
Cales son as regras do bádminton? Número de xogadores, tempos, puntuación...
Como vistes ata o de agora, os aspectos técnicos son fundamentais no dominio dun deporte.
Facede memoria e pensade cales poderiades explicar nos vosos videotitoriais. Pensade nos practicados nas sesións de Educación Física. Aí vanvos algunhas pistas: saque, lob...
Como pode un xogador de bádminton dar solución ás diferentes situacións do xogo que poidan xurdir?
Axudade a resolver esta cuestión tratando algún dos aspectos tácticos que traballastes.
Garbiñe Muguruza, Messi ou Rafa Nadal son algúns deportistas recoñecidos nas súas disciplinas pero... e no bádminton? Cales son?
En España hai unha deportista cun gran palmarés no bádminton. Investigade e contádenos un pouquiño máis...
Escollede algunha das seguintes temáticas do pickleball para o voso videotitorial.
O pickleball xurdiu despois de que un grupo de nenos e nenas que veraneaban xuntos se queixaran de que se aburrían...
Onde sucedeu isto? Cando? En que momento este deporte individual alternativo chegou ata España?
O pickleball é un deporte cunhas regras moi peculiares porque é unha mestura entre tres deportes.
Contádenos algunhas delas: cando se fai punto, que accións están permitidas e cales non...
O saque é un aspecto técnico no pickleball de gran importancia xa que implica diferentes accións a ter en conta polo receptor/a.
Cales son estas accións? Pode un xogador/a sacar dende o lado que queira?
Aínda que o bádminton e o pickleball comparten varios dos xestos técnicos que se deben dominar en ambos deportes, hai algún pequeno matiz que os diferenza. En concreto, hai un moi característico do pickeball.
Podedes ensinarnos algún deles?
Aprender a utilizar os xestos técnicos nas diferentes situacións de xogo será moi importante para xogar un partido de pickleball.
Contádenos máis sobre que xestos técnicos usar nas diferentes situacións.
Agora que cada un dos grupos sabedes sobre o que ides gravar, vén outro pequeno reto...
Sabedes con que ides gravar os vosos videotitoriais?
Pois atentos ao material!
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6592/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_3.6.MATERIAL_SA6.wav?forcedownload=1>
Dispositivo, xeralmente portátil, que permite rexistrar imaxes e sons.
Tipo de computadora portátil, de maior tamaño que un smartphone, cunha pantalla táctil na que se interactúa cos dedos sen necesidade de rato nin teclado.
Ferramenta fotográfica con tres pés que serve para evitar o tremor e o movemento non desexado. É grande, pesado e moi voluminoso.
Mecanismo que almacena as imaxes e vídeos capturados pola cámara. É importante escoller unha tarxeta con suficiente capacidade e velocidade para manexar arquivos grandes.
Accesorio que proporciona a enerxía necesaria para que a cámara funcione. Se queredes que non existan contratempos, é importante levar sempre baterías de reposto.
Dispositivo que se encarga de aportar a corrente eléctrica necesaria para recargar a batería unha vez que esta está esgotada.
Material téxtil de cor verde que se utiliza de fondo nas gravacións e que permite aplicar a técnica do croma ao substituír esa fondo verde por unha imaxe ou vídeo que se queira. O croma vai acompañado dun soporte de aluminio resistente e duradeiro que permite colocar a tela croma para a realización de imaxes ou gravacións.
Accesorio externo que serve para estabilizar o movemento e vibración das imaxes cando se move a cámara durante a gravación. Existen gimbal para drons e tamén para cámaras, tabletas ou smartphones, que será o que vós utilizaredes.
Accesorio que permite manter a tableta ou o móbil nunha posición fixa sen necesidade de telo na man. Facilita o momento de gravación.
Dispositivo pequeno en forma de anel que emite luz continua e que mellora a calidade da imaxe ao ofrecer unha iluminación suave e uniforme xusto diante de onde se coloque.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0