Todo traballo debe planificarse con previsión, minimizando os problemas que poidan xurdir cando se leva a cabo.
Isto tamén ocorre nunha gravación, na que temos que ter todos os pasos o máis definidos posible.
A continuación, dásevos unha guía sobre como gravar o voso videotitorial paso a paso:
Grava o videotitorial seguindo estes pasos
|
Paso 1:
Análise inicial
|
Nesta análise deberedes ter en conta:
Cal é a temática do vídeo? Falaredes do bádminton ou do pickleball? Do deporte e das normas ou de xestos técnicos?
A que audiencia vai dirixido? Non é o mesmo falar para adultos que para nenos e nenas da vosa idade.
|
Paso 2:
Realizar un esquema
|
Neste segundo paso, faredes o esquema que conterá unha descrición xeral de todo o contido e debería incluír todos os puntos fundamentais que queredes incorporar.
|
Paso 3:
Escribir o guión
|
Agora precisaredes complementar o voso guión gráfico con instrucións textuais e explicacións.
Un guión, como calquera historia, debe ter unha boa estrutura. Non importa o curto que sexa, debe ter:
-Un comezo: saúdo, introdución, presentación do tema etc.
-Un medio: desenvolvemento da temática a tratar con detalle.
-Un final: conclusións, despedida, enlace co seguinte videotitorial...
|
Paso 4:
Escoller o material audiovisual
|
Tedes preparado o material que ides empregar? Sabedes usalo?
|
Paso 5:
Gravar audio e vídeo
|
Antes de iniciar a gravación, asegurádevos de que tedes todo determinado e configurado apropiadamente. Intentade ter todo a man: guión, material...
No momento de gravar poderedes optar por gravar o vídeo e o audio, á vez, ou facelo por separado.
|
Paso 6:
Editar o audio e o vídeo
|
Se elixistes gravar a captura de vídeo e voz separadamente, o primeiro que necesitaredes facer no proceso de edición é asegurarvos de que o audio e vídeo están en sincronía entre si. Se non están é o momento de editar.
Para iso podedes modificar o audio, eliminándolle os ruídos, cortalo e poñer música de fondo.
Podedes facer máis motivador o videotitorial engadíndolle subtítulos, efectos especiais...
Para iso deberedes empregar un programa ou aplicación. Sabedes cal usar?
Pasa o mesmo co vídeo. Se necesitades facer cambios ou engadir anacos de audio nunha parte do vídeo poderedes empregar diferentes programas de edición. Tedes claro cal escoller?
|
Paso 7:
Compartir o vídeo
|
Este é o último dos pasos para rematar o voso videotitorial. Unha vez revisado, o último paso é compartilo.
Como o ides facer?
|