3. Conéctate raqueteando!

Cámara cargando

Nesta fase ides coñecer o que é un videotitorial e as características que debe ter un bo vídeo.

Pensade que se queredes buscar en Internet como facer un biscoito saudable aparecerán unha gran cantidade de vídeos para escoller. Pero, saberiades cal é o axeitado?

Nesta fase aprenderedes as características máis importantes dun bo videotitorial e, a maiores, coñeceredes e practicaredes dous deportes individuais ao longo das sesións de Educación Física: o bádminton e o pickleball. Todo isto axudaravos a preparar os vosos videotitoriais.

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6592/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_FASE3_SA6.wav?forcedownload=1>