3.1. Os videotitoriais

 

Ocultar

Glosario

Glosario

Videotitorial

Pantalla cun youtuber

Definición:

Método de curta duración para transmitir coñecemento empregando medios audiovisuais.

Exemplo:

Busquei un videotitorial de bádminton para aprender as súas normas.

Youtube

Icona de Youtube

Definición:

Sitio web para compartir vídeos.

Exemplo:

Busquei un vídeo en youtube sobre o pickleball.

Que son?

Ocultar

Pantalla cun youtuberSon vídeos formativos que inclúen unha guía, paso a paso, sobre como realizar unha tarefa específica, aprender unha habilidade ou entender un concepto de forma visual.

Unha das súas características é que se comparten en plataformas audiovisuais para que os vexan outras persoas.

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Son vídeos formativos que inclúen unha guía, paso a paso, sobre:

- Como realizar unha tarefa específica.

- Como aprender unha habilidade.

- Como entender un concepto de forma visual.

Unha das súas características é que se comparten en plataformas audiovisuais para que os vexan outras persoas.

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6592/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_3.1.OSVIDEOTITORIAIS_SA6.wav?forcedownload=1>

Como debe ser un bo videotitorial?

Ocultar

Hoxe en día tedes acceso a unha gran cantidade de información en Internet. Un claro exemplo é o momento no que tecleades a xa famosa palabra "YouTube" e vos somerxedes nun dos xigantes de Internet. Nel podedes visualizar moitísimos vídeos de diferentes temáticas.

Entre tanto vídeo, podedes atopar un gran catálogo de videotitoriais de todo tipo: de videoxogos, de receitas de cociña, de impresión 3D, de robótica, de deporte... pero con tanta opción hai que preguntarse, por cal vos decidides?

Para iso debedes coñecer as características que debe ter un bo videotitorial. Atentos e atentas!

O tema: A persoa que está a ver o vídeo debe ter claro cal é o tema que se está a tratar.

A linguaxe: Entendes o que di o narrador? Se non o entendes é que emprega unha linguaxe moi técnica, o que pode ser un problema. Empregar unha linguaxe sinxela facilita a comprensión e fará que sexa máis doado de seguir.

A aprendizaxe visual:

  • O videotitorial vai acompañado dunha representación visual da tarefa ou execución motriz, o que facilita a aprendizaxe.
  • É recomendable comunicar de forma oral e non abusar de moito texto.

Os pasos: Están secuenciandos, un a un, de xeito que é doado seguilos.

A motivación: No vídeo hai demostracións, animacións e exemplos visuais, o que fai que o vídeo sexa máis atractivo que se fose en formato texto.

Acceso e alcance: Permite compartirse en distintos formatos, o que facilita a forma de acceder a eles e de dar a coñecer o recurso creado.

Saberiades agora diferenciar un bo videotitorial dun non tan bo? Estades seguros/as?

Lectura facilitada

Pechar (Lectura facilitada)

Hoxe en día tedes acceso a unha gran cantidade de información en internet.

Cando tecleades a palabra "Youtube" podedes visualizar moitísimos vídeos de diferentes temáticas.

Entre tanto vídeo, podedes atopar vídeos de videoxogos, de receitas de cociña, de robótica, de deporte... pero por cal vos decidides?

Para iso debedes coñecer as características que debe ter un bo videotitorial. Atentos e atentas!

  • O tema: A persoa que está a ver o vídeo debe ter claro cal é o tema do que se está a falar.
  • A linguaxe: Entendes o que di o narrador? Se non o entendes é que emprega unha linguaxe moi técnica, o que pode ser un problema. Empregar unha linguaxe sinxela facilita a comprensión e fará que sexa máis doado de seguir.
  • A aprendizaxe visual:
    • O videotitorial vai acompañado dunha representación visual da tarefa ou execución motriz, o que facilita a aprendizaxe.
    • É recomendable comunicar de forma oral e non abusar de moito texto.
  • Os pasos: Están secuenciandos, un a un, de xeito que é doado seguilos.
  • A motivación: No vídeo hai demostracións, animacións e exemplos visuais, o que fai que o vídeo sexa máis atractivo que se fose en formato texto.
  • Acceso e alcance: Permite compartirse en distintos formatos.

Saberiades agora diferenciar un bo videotitorial?

Estades seguros/as?

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6592/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_3.1.COMODEBESERUNBOVIDEOTITORIAL_SA6.mp3?forcedownload=1>

Actividade grupal

Ocultar

Visualizade o seguinte videotitorial sobre o deporte individual do bádminton e analizade os seus aspectos positivos e negativos.

Que se podería cambiar?

<https://www.youtube.com/embed/XvwJWMBsP4w?si=Keu1qAB4lvvfprOp>

Para a análise empregade a seguinte guía de observación:

Audio

Pechar (Audio)

<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6592/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_3.1ACTGRUPAL_SA6.wav?forcedownload=1>

Fai clic para ver a guía de observación

Fai clic para ver a guía de observación

Ficha guía observación para analizar videotitoriaisSe queredes acceder ao documento "Guía de observación en formato PDF facede clic aquí (Nova xanela).

Se queredes acceder ao documento "Guía de observación" en formato editable facede clic aquí.