É o momento de ver os videtitoriais de cada grupo e, ademais de velos, analizaredes se todos eles cumpren as características que debe ter un bo videotitorial.
Recordades cales eran, verdade? Se non é así, antes de comezar coas proxeccións podedes ir ao apartado "3.1. Os videotitoriais".
Como o faredes? Visualizando os videotitoriais de cada grupo e, en equipos, iredes analizando se o vídeo cumpre coas características axeitadas.
Para esa comprobación, empregaredes unha guía de observación que xa vos debería resultar coñecida e que podedes ver a continuación:
Chega o momento de dar a vosa opinión sobre os videotitoriais dos demais grupos. Farédelo cubrindo o seguinte modelo de guía de observación sobre as características que debe cumprir un bo videotitorial e da comunicación dos contidos do mesmo por parte dos youtubers deportivos.
Ao finalizar cada proxección, teredes un par de minutos para debater e cubrir a guía de observación en grupo. Cada equipo terá que cubrir unha guía por cada videotitorial.
O modelo é o que vedes á esquerda. Tamén podedes acceder destes xeitos:
Accede ao documento "Guía de observación" en formato PDF facendo clic aquí (Nova xanela).
Accede ao documento "Guía de observación" en formato editable facendo clic aquí.