O voso diario
É o momento de cubrir a Fase 4 do voso diario de aprendizaxe.
Nesta fase, puxestes en práctica todo o aprendido durante a situación de aprendizaxe. Graváronse os videotitoriais tendo en conta as temáticas e tamén se tivo en conta todo o practicado nas sesións de Educación Física sobre o bádminton e o pickleball.
Agora podedes escribir no Diario sobre como foi todo ese proceso, que desafíos atopastes e como os superastes. Anotar e compartir deste xeito os vosos logros, inquedanzas e avances serviravos moitísimo na vosa futura aprendizaxe.
Se non tedes o diario de aprendizaxe podedes ver o documento desde esta ligazón.
Lectura facilitada
Cubride a Fase 4 do voso diario de aprendizaxe.
Nesta fase, puxestes en práctica todo o aprendido durante a situación de aprendizaxe.
Graváronse os videotitoriais tendo en conta as temáticas.
Tamén tivestes en conta todo o practicado nas sesións de Educación Física sobre o bádminton e o pickleball.
Agora podedes escribir no diario sobre como foi todo ese proceso.
Se non tedes o diario de aprendizaxe podedes ver o documento desde esta ligazón.
Audio
<https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/pluginfile.php/6592/mod_folder/content/0/AUD_EDF_5PRI_REA01_4.3.DIARIO_SA6.wav?forcedownload=1>