Saltar navegación

Hip-hop "made in Galicia"

Tempo de REGUEIFA

radio
brgfx (Freepik). Radio retro sobre fondo blanco. (CC BY)
Alex Productions. The goat (CC BY)

A nosa terriña é unha caixa de sorpresas... e o certo é que aínda que o rap semella un estilo de música moderno e traído de moi lonxe, en Galicia a improvisación estivo presente dende fai xa moito tempo. Tanto é así que polos nosos lares empregamos unha palabra propia, a REGUEIFA, para referirnos a un desafío oral entre dúas ou máis persoas que se daba nas romerías ou festas dos pobos. Adoitaban participar persoas de aldeas veciñas, e o encontro tiña un carácter lúdico e divertido, algo que hoxe en día gardaría similitude coas afamadas batallas de galos que realizan os rapeiros de hoxe en día.Curioso, non? Na seguinte reportaxe podedes coñecer as orixes deste xénero tan popular... e saboroso. Non perdades ollo!

Herrikolore (Youtube). Regueifa, una de las formas de improvisacion Gallega (CC BY)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)