Saltar navegación

Cada cousa polo seu nome!

As figuras musicais

Pregunta

Trabajadores de oficina que organizan el almacenamiento de datos
pch.vector (Freepik). Trabajadores de oficina que organizan el almacenamiento de datos (CC BY)
Sapajou. Above (CC BY)

As persoas somos moito de poñer "etiquetas", algo que pode resultar positivo cando nos referimos a organizar ou clasificar elementos diferentes. Na linguaxe musical tamén é importante chamar a cada figura polo seu nome, xa que así podemos coñecer a súa forma e duración de maneira sinxela. Antes de poñernos mans á obra, realizaremos un breve repaso polas diferentes figuras que se empregan na música de maneira que despois as poidamos recoñecer con simplemente miralas! Premede nas seguintes lapelas para avanzar no xogo.

INSTRUCIÓNS DO XOGO

Para cada unha das cuestións soamente existe unha única resposta correcta, polo que cómpre manter os ollos ben abertos! Deberedes identificar o nome da figura que se amosa na imaxe en cada caso, e tamén o seu valor. Non hai límite de tempo, así que podédelo facer con calma. 

PISTA

YB0104 Valeur relative notes
Yves30 (Wikimedia Commons). YB0104 Valeur relative notes (CC0)

Como podedes observar, todo na música está calculado ao milímetro. Na imaxe amósase unha clasificación das figuras musicais que coñecedes, comezando pola de máis valor arriba e chegando a súa equivalencia na figura máis pequena abaixo. Se prestades atención darédesvos de conta que existen cinco filas, e cada unha correspóndese cun tipo de figura musical diferente. Pois ben, cada unha desas filas suma un valor total de catro pulsos, de maneira para saber canto vale individualmente cada figura deberemos recorrer de novo ás matemáticas: repartir ese catro pulsos entre o número de figuras de cada fila de maneira que todas sumen o mesmo valor. Vamos, algo así como unha pirámide, xa que a medida que baixamos precisamos un maior número de figuras pequenas para completar o valor total. 

Pero... que despiste! Esquecínme de poñer os nomes... e imos a ter que lembralos entre todos/as.

PRIMEIRA PREGUNTA

  Como se chama esta figura... e canto dura?

Suxestión

Poderíamos dicir que o seu nome ten BASTANTE que ver coa súa forma...

Respostas

É unha redonda, a figura musical de máis valor, o equivalente a catro pulsos. 

Pois é unha branca, xa que non está coloreada no seu interior. O seu valor son catro pulsos, xa que se atopa na cúspide da pirámide. 

O seu nome é redonda, pero ten unha duración de dous pulsos.

Retroalimentación

Pregunta

SEGUNDA PREGUNTA

branca   Como se chama esta figura... e canto dura?

Suxestión

Mmm... o nome que recibe ten que ver, sen dúbida, ca súa cor.

Respostas

Pois é unha negra, xa que as liñas son de cor negra, e polo tanto vale dous pulsos porque fan falta dúas para completar unha fila da pirámide (2+2=4).

É unha branca, polo que o seu valor sería de dous pulsos.

Trátase dunha branca, que ten un valor de un pulso.

Retroalimentación

Pregunta

TERCEIRA PREGUNTA

 Como se chama esta figura... e canto dura?

Suxestión

De novo a mellor pista volve a ser a súa imaxe!

Respostas

A todas luces é unha corchea, xa que ten dúas partes, a plica e a cabeza de cor negra. Na imaxe precisamos catro para sumar catro pulsos en total, polo que cada unha ten que valer un pulso (1+1+1+1=4). 

Trátase dunha negra, e o seu valor é de medio pulso, xa que preciso catro para completar un total de catro pulsos.

Unha negra, figura musical que ten un pulso de duración.

Retroalimentación

Pregunta

CUARTA PREGUNTA

  Como se chama... e canto dura?

Suxestión

Que non vos despiste o seu aspecto cando vai acompañada... é moi habitual atoparse con este tipo de figura sempre en parella, xa que sumando o valor das dúas conseguimos completar un pulso enteiro

Respostas

Son dúas corcheas, e o seu valor é de medio pulso cada unha, porque na imaxe aparecen oito para completar un valor total de catro pulsos. 

É unha corchea sola, pero con dúas cabezas.

Son dúas semicorcheas, e xuntas valen dous pulsos (un pulso cada unha). 

Retroalimentación

Pregunta

QUINTA PREGUNTA

 Como se chama... e canto dura?

Suxestión

Son as máis pequenas, e polo tanto as que teñen menor valor. Precisamos as catro da imaxe para completar un só pulso, por iso sempre adoitan ir en grupo. Poderíamos dicir que o seu nome indícanos que son, en parte, corcheas (pero evidentemente non o son).

Respostas

Son catro corcheas, pero neste caso teñen un doble corchete, o que non afecta ao seu valor.

Son catro semicorcheas, e como as catro xuntas duran un pulso, precisaremos un total de dezaseis (4x4=16) para completar os catro pulsos da fila, tal e como aparece no último chanzo da imaxe.

Catro semicorcheas, e como cada unha vale un pulso enteiro, entre todas suman un total de catro pulsos.

Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova ventá)