Xuntamos texto e música
Como actividade previa para creación da nosa propia letra, realizaremos unha pequena proba onde comprobaredes que cadrar música e texto no é tan difícil como aparenta! Neste caso farémolo traballando coa nosa cabeciña, tentando atopar cal é a parella que se corresponde con cada carta.
INSTRUCIÓNS
Todas as cartas teñen dúas caras (ritmo e figuras) que funcionan de xeito coordinado. Por unha cara (a do interrogante) escoitaremos un ritmo, que deberemos memorizar e relacionar coa súa outra cara (onde aparecen as figuras da linguaxe musical) de entre todas as opcións! Como pista, tedes escritos os alcumes para cada ritmo na primeira cara. O tempo total é de cinco minutos para toda a actividade. Imos aló!Como actividade previa para creación da nosa propia letra, realizaremos unha pequena proba onde comprobaredes que cadrar música e texto no é tan difícil como aparenta! Neste caso farémolo traballando coa nosa cabeciña, tentando atopar cal é a parella que se corresponde con cada carta.
\nINSTRUCIÓNS
\nTodas as cartas teñen dúas caras (ritmo e figuras) que funcionan de xeito coordinado. Por unha cara (a do interrogante) escoitaremos un ritmo, que deberemos memorizar e relacionar coa súa outra cara (onde aparecen as figuras da linguaxe musical) de entre todas as opcións! Como pista, tedes escritos os alcumes para cada ritmo na primeira cara. O tempo total é de cinco minutos para toda a actividade. Imos aló!Como xa comentaramos na unidade anterior cando deseñamos a nosa melodía, a canción que estamos compoñendo emprega un compás de catro tempos (4/4). Polo que antes de idear unha letra, comprobade que as figuras musicais escollidas adáptanse a ese compás e sumando os seus valores a duración total equivale a catro pulsos. A modo de exemplo, a continuación podedes comprobar como se axustan algunhas letras creadas para os ritmos que acabades de escoitar na actividade, e decatarvos da coincidencia dos golpes de voz coa acentuación. Amósanse dúas posibilidades de texto para un mesmo ritmo en cada caso.
Ritmo 1
Ritmo 2
Tede en conta todo o aprendido cando vos decidades a crear a letra para a vosa canción, por suposto precisades estar inspirados/as! A temática é libre, xa que cada un de nós temos a nosas preferencias ou inquedanzas. Podedes empregar rima nos vosos versos ou facelo de xeito libre, pero a idea principal é crear un fío conductor na letra para que a canción teña algún significado, ben sexa contando unha historia ou falando sobre algún tema.
Moito ánimo e recordade... "cogito, ergo sum"!