A importancia do acento
Como sabedes, cada persoa cando fala, o fai dunha maneira particular que a diferencia do resto e que ten moito que ver co lugar onde vive e a súa lingua. De feito, poderíamos dicir que dentro dun mesmo idioma existen pequenas variacións na maneira de entonar, nas palabras que empregamos ou mesmo na forma de pronunciar determinados sons que son comúns nunha zona ou territorio e se extenderon polas súas xentes. Por se non vos dérades de conta... estou falando do acento. Queirades ou non, o noso acento é algo único e automático, que en moitas ocasións delata a nosa orixe sen nos percatar, e permítenos viaxar de maneira gratuíta ata o lugar de procedencia dunha persoa soamente con escoitala falar e afinar un pouquiño o oído!
Na música tamén podemos recoñecer o acento, pero desta volta o acento musical ten que ver co tipo de compás que emprega unha composición. Desta maneira, a distribución dos pulsos que completan os compases terán unha importancia determinada, de forma que algúns serán máis acentuados que outros. Deseguido podedes atopar toda a información relacionada co acento musical para non facernos un lío. Premede nas lapelas para saber máis!
O PULSO
O pulso é o latexo da música. Coma se dun corazón se tratara, o seu latexo segue un ritmo constante que nunca se detén. Xa coñecemos o metrónomo, ese aparello que empregamos para establecer un pulso cando tocamos e evitar así variacións no tempo. Pois ben, a maior parte das cancións coñecidas (non todas) empregan un pulso determinado e tamén un compás. Para que vos fagades unha idea, cando nun concerto ou mentres escoitamos unha canción alguén nos pide que acompañemosa música facendo palmas, o que estamos a representar é o pulso.
Facemos unha proba! Coa seguinte peza, probade a levar o pulso empregando o voso corpo (movendo os pés, unha man...) e fixádevos ben se cambia a súa velocidade ou permanece sempre igual. Que decídes?
O ACENTO
E a resposta é... que si! O pulso na música pode ser máis lento ou máis rápido, pero sempre é constante dende que comeza ata que remata. O acento é característico de cada compás, e vai a determinar cales son os pulsos fortes (levan moita acentuación e represéntanse cunha línea vertical longa) e os pulsos débiles (levan pouca acentuación e represéntanse cunha línea vertical curta.
TIPOS DE ACENTO
Unha boa forma para coñecer o compás dunha canción, é facendo o seu "cardiograma". Con esta técnica poderemos precisar a súa distribución de pulsos fortes ou débiles e establecer un patrón que sempre se repite. O procedemento para facer o cardiograma é moi sinxelo, xa que soamente empregaremos dous símbolos:
- Unha liña vertical longa para marcar os pulsos fortes.
- Unha liña vertical curta (ou un punto) para marcar os pulsos débiles.
Imaxinaremos que o espazo dunha folla en horizontal é a liña do tempo, e escribiremos comezando pola marxe esquerda movéndonos sempre cara a dereita.
A continuación atoparedes un exemplo para cada un dos compases musicais que traballamos nesta unidade.
Compás de dous tempos ou 2/4
Neste tipo de compás sempre se repite o mesmo patrón: altérnanse un pulso forte e un pulso débil. De maneira que cada unidade de compás está formada por dous pulsos (o primeiro forte e o segundo débil).
Compás de tres tempos ou 3/4
Neste tipo de compás sempre se repite o mesmo patrón: altérnanse un pulso forte e dous pulsos débiles. De maneira que cada unidade de compás está formada por tres pulsos (o primeiro forte e o segundo e o terceiro débiles).
Compás de catro tempos ou 4/4
Neste tipo de compás sempre se repite o mesmo patrón: altérnanse un pulso forte e tres pulsos débiles. De maneira que cada unidade de compás está formada por catro pulsos (o primeiro forte e o resto débiles).