Agora chega o momento de por a funcionar ao máximo o noso sentido do oído para tratar de descubrir como se distribúen os acentos nos pulsos dunha serie de pezas musicais, coa finalidade de poder determinar o seu compás soamente escoitando, sen necesidade de ollar unha partitura. Estades preparados/as? Imos aló!
INSTRUCIÓNS
En cada pregunta deberedes reproducir o arquivo de audio, e escoitar atentamente para intentar discriminar cales son os pulsos débiles (menor intensidade e acento) e cales son os fortes (maior intensidade e acento). A distribución de pulsos en cada compás será sempre a mesma, polo que coñecendo un xa estaredes seguros/as da resposta correcta. Seleccionade unha soa resposta correcta de entre as opcións que se amosan e picade en comprobar. Se o precisades, podedes empregar un folio en branco ou algún programa de debuxo para anotar a secuencia dos pulsos e poder ter un apoio visual. Moita sorte!
PRIMEIRA PREGUNTA
Para escoitar a canción, soamente tedes que facer clic no seguinte arquivo de audio. Cal será o seu compás?