Saltar navegación

Escribo, logo canto

Na procura da inspiración

Ilustración del concepto de antes del amanecer
storyset (Freepik). Ilustración del concepto de antes del amanecer (CC BY)
Sound Effects Library. Forest Stream (CC BY)

De seguro que en máis dunha ocasión, e xusto cando máis o precisábades, chegou ese momento tan agardado e... plof! Quedámonos en branco. A inspiración é algo moi persoal, e non existe unha técnica universal ou truco máxico que nos poida servir en tódalas circunstancias. Á maioría de nós bastaríalle con pechar os ollos e imaxinar, se nos atopamos nun estado de relaxación que nos permita soñar. Facede a proba mentres escoitades este fondo de ambientación sonora tan zen! Que é o que imaxináchedes?

Teño que confesar que o título deste apartado non é casualidade. O certo é que dende as orixes máis remotas da historia, o ser humano buscou constantemente a inspiración. Os primeiros pensadores, coñecidos como filósofos, intentaron establecer as bases do funcionamento do noso pensamento para poder manexalo e aproveitalo ao máximo. A frase "escribo, logo canto", é un pequeno homenaxe a unha das citas filosóficas máis afamadas, "penso, logo existo" (en latín "cogito, ergo sum") do pensador René Descartes (SXVI-XVII). Esta afirmación ven a dicir que o primeiro que poñemos en movemento é o noso pensamento, como unha verdade universal que fainos sentir vivos/as. No noso caso non é tan profundo, non vos preocupedes! Pero o que sí está claro é que para cantar unha letra... primeiro teremos que escribila, verdade? Imos a ver como facelo! 

Feito con eXeLearning (Nova ventá)