Coñecendo a Rusia dos zares!
Recoñeces a melodía do Ditado 1, a unha voz?
É o tema inicial do terceiro movemento da obra para violín e piano, Souvenir d´un lieu cher do compositor ruso P. I. Tchaikovsky.
Piotr Ilich Tchaikovski naceu en San Petersbugo no século XIX (1840), na época do Imperio ruso dos zares. De familia aficionada á música, estudiou no conservatorio da súa cidade natal e converteuse nun dos grandes compositores de todos os tempos con obras tan recoñecidas como os ballets O Lago dos cisnes, O quebranoces, A bela durminte ou pezas orquestrais como Romeo e Xulieta ou as súas Sinfonías e Concertos para violín e piano.
A obra Souvenir d´un lieu cher está formada por 3 movementos (Meditation, Scherzo e Melodie); o primeiro compúxoo en Clarens (Suiza) estando de vacacións co seu irmá e dous amigos (un deles, Kotek, recoñecido violinista); o segundo e o terceiro rematounos na finca de Nadezhda von Meck (unha aristócrata grande amiga) en Brailov. Desta estancia é de onde procede o nome da peza " Memorias dun lugar querido", xa que para o compositor foron uns días moi tranquilos, afastado de todos os problemas que tiña na súa vida persoal no ano 1878.