Compases a un pulso en unidade de semicorchea
Xa coñecemos estes compases que, como o seu propio nome indica, son compases formados por un só pulso, con figura de ou .
Ata o momento na práctica centrámonos nos de unidade de corchea, pero agora traballaremos nos de unidade de semicorchea. Iso implica ter claro figuras máis pequenas como a fusa ou a semifusa.
Lembrade que nunha indicación de compás o numerador indícanos o nº de figuras (2), e o denominador o tipo de figura (16-semicorchea), de ahí que nun só pulso entren 2 semicorcheas nun compás de 2/16.