Saltar navegación

Que armadura ten?

O círculo de 5ª

Para saber en que tonalidade está unha obra, empregaremos o círculo de 5ª que, como o seu nome indica, está formado por 5ª con todas as notas da escala cromática; con el podemos saber como están formadas as armaduras, que notas as conforman e a relación entre elas. Sempre partimos da nota Do (que é a tonalidade maior que non ten ningunha alteración).

Un círculo coas notas da escala a distancia de 5ª     En dúas liñas as notas ordenadas por 5ª comezando por Fa e por Si

Nestes debuxos, podemos ver as tonalidades Maiores, co número e tipo de alteracións que conforman as súas armaduras.
Por exemplo, Lab M, ten 4 bemois. Nas liñas é moito máis doado velo.
 
O seguinte paso que necesitamos coñecer é como se forman as armaduras, segundo sexan bemois ou sostidos. 

- Para os sostidos empregaremos o ciclo de 5ª dende o Fa FA DO SOL RE LA MI SI, e a colocación na armadura O ciclo dos sostidos colocados en cada liña ou espazo correspondente, comezando pola primeira liña do pentagrama
- Para os bemois dende o Si SI MI LA RE SOL DO FA, e a colocación na armadura Colocación do ciclo dos bemois no pentagrama en sentido ascendente

A partir disto, se sabemos que unha tonalidade con bemois ten 2 bemois, eses serán o Si e o Mi.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)