Saltar navegación

Graos tonais e modais

Os graos da escala

Cada nota da escala, chamado grao, ten un nome relacionado coa función que ten dentro da mesma. Xa coñecemos todos os seus nomes:

Escala de Sol M co Fa# na armadura: Tónica, Supertónica, Mediante/Modal, Subdominante, Dominante, Superdominante, Sensible/Subtónica. 


Imos repasar os nomes dos graos e as súas funcións:  

Tónica(nome da tonalidade); Supertónica (super por enriba da tónica); Mediante (no medio da escala); Modal (diferencia o modo maior do menor); Subdominante (sub por debaixo da Dominante); Dominante (axuda á Tónica a marcar a tonalidade); Superdominante (por enriba da Dominante); Sensible (a distancia de semitón da Tónica); Subtónica (a distancia de ton da tónica)


Os graos poden agruparse en:


Graos tonais

Son os graos que dan nome á tonalidade, e a relación coa tónica tanto no modo maior como no modo menor é a mesma. 

I-IV-V en modo maior e modo menor distancias de 4ª e 5ª Xustas


Graos modais

Son os graos que nos axudan a diferenciar a modalidade dunha escala, por iso a distancia coa tónica é diferente no modo maior e no modo menor. 

III-VI-VII distancias diferentes no modo maior e menor

Feito con eXeLearning (Nova ventá)