O atallo
Imos lembrar o atallo para coñecer a armadura das tonalidades que descubrimos o curso pasado.
Tonalidades con sostidos
Se queremos saber a armadura dunha tonalidade, baixamos un semitón diatónico á nota que lle da nome, imos ao orde dos sostidos en busca desa nota e xa temos a cantidade de sostidos que a conforman.
Para saber a tonalidade dunha armadura, facemos o mesmo á inversa.
Tonalidades con bemois
Se queremos saber a armadura, buscamos a nota da tonalidade na orden dos bemois e engadímoslle unha.
Se temos unha armadura con bemois, o penúltimo bemol da mesma é a tonalidade que buscamos.
Para coñecer a tonalidade dunha obra teremos en conta o seguinte:
- A armadura: indica as dúas posibles, a maior e a menor.
- O acorde final: soe terminar na tónica da tonalidade.
- A sensible, sétimo grao alterado que nos indicaría a tonalidade menor.