Saltar navegación

A tonalidade

Definición: tonalidade e modalidade

A tonalidade é a relación dos graos dunha escala coa súa tónica.


Así, esta escala, As notas da escala de DO, comeza na nota Do, polo que a tonalidade será Do. 



Lembrade que para comprender mellor o concepto de tonalidade, faciamos unha comparación entre a tonalidade referida ás cores dun debuxo e a tonalidade musical. No primeiro caso, un mesmo debuxo pode ter diferentes cores e provocarnos sensacións moi distintas.

Por exemplo, eu mesmo cunha cor dourada; a que parece que son máis antigo?

Unha negra animada con batuta                       Unha negra animada con batuta toda de cor dourado


No caso da música, as diferentes tonalidades seguen o mesmo patrón (mesma disposición de tons e semitóns na escala) pero cada unha delas ten o seu carácter e ao escoitalas provócannos diferentes sensacións. 

modalidade e a colocación dos tons e semitóns nunha escala. É o que nos indica o modo, Maior ou menor, das tonalidades.


Fíxádevos nas escalas seguintes, nos seus tons e semitóns e escoitádeas (picade enriba de cada unha delas): 
      
Escala de Do con semicírculos nos tons, e triángulos entre mi-fa e si-do marcando os semitóns      escala de La menor marcando os tons con semicírculos e os triángulos nos semitóns

  

A primeira é a escala de Do Maior e a segunda a escala de La menor. Como podedes ver, segundo o modo, teñen os semitóns en lugares diferentes.  Iso é o que define a modalidade.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)