Empezamos coa parte teórica. Concentración!!!
Como xa sabedes, as tonalidades son a base de todas as pezas que cantamos ou tocamos cos nosos instrumentos. Por iso, sempre estamos traballando con elas.
Repasaremos o ciclo de 5ª, as tonalidades relativas e a modulación e coñeceremos os tipos de modulación, así como os elementos necesarios para que teña lugar.
Entón, imos comezar!