Imos co ritmo. Nesta ocasión volvemos cos compases a un pulso, pero con unidade de semicorchea. Así que temos que repasar as figuras máis pequenas. Acordádesvos de cantas semifusas ten unha negra?
Repasarémolo! E tamén o practicaremos coas mans e os pés...que rápido teremos que facelo!
Seguiremos repasando o que xa vimos, e a clave de Do en 3ª.
Seguide o pulso comigo!