Saltar navegación

PROXECTO: Traballo en equipo

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

Este é un traballo en equipo do grupo-clase.

O obxectivo é organizar un torneo por equipos de Balonmán.

Estes son os pasos a seguir para facer o proxecto:

  • Facer equipos mixtos de mínimo 7 e máximo 10 xogadoras e xogadores.
  • Cada equipo ten que escoller unha capitá e un capitán.
  • Poñer un nome ao equipo.
  • As capitás e os capitáns dos equipos que non están xogando, serán árbitras/os.
    • NOTA: Tamén poden escoller a outra persoa do seu equipo para arbitrar.
  • Cada equipo ten que xogar contra todos os outros equipos na clase.
  • Xógase ao mellor de 3 partidos. O equipo que gañe 2 partidos, será o gañador.
  • Cada partido rematará cando un equipo chegue a 3 goles.
  • As/os capitás/áns teñen que apuntar o resultado final de cada partido e aquelas incidencias que lles parezan relevantes.
  • O respecto ao regulamento do xogo (ver a infografía co resumo das regras) é obrigatorio.
  • Calquera dúbida durante os partidos, será consultada ás/aos observadoras/es ou ben ao/á profesor/a.

Boa sorte e a xogar!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)