No Balonmán existen os chamados postos específicos que non é outra cousa que o espazo no que actúa cada xogador/a. Hai cinco posicións: porteiro/a, central, lateral, pivote e extremo.
Imos coñecer en que consisten!!
| PORTEIRO/A | Non pode saír da área de seis metros coa pelota na man, pero pode tocala fóra da área se lla pasa un/ha compañeiro/a. | |
| CENTRAL | É o eixe do equipo, o/a creador/a e condutor/a do xogo por excelencia. É o que manda en ataque e defensa: marca as xogadas, coloca os/as xogadores/as e indica dende onde deben comezar os ataques. | |
| LATERAIS | Sitúanse un/ha a cada lado do/a central. Utilízanse para romper defensas pechadas dende a liña de 9 metros. Son os/as que asisten na maioría de ocasións aos extremos. | |
| EXTREMOS | Están colocados/as ao lado dos/as laterais. Aproveitan ao máximo o terreo de xogo para abrir as defensas e xerar ocos. | |
| PIVOTE |
É o/a encargado/a de internarse na muralla defensiva. Soen xogar de costas a portería, úsanse para abrir ocos en defensa e para isto soen usar os bloqueos. Os seus movementos poden deixar paso libre aos laterais, pero tamén se converten en goleadores/as cando reciben un bo pase e se xiran con velocidade cara a portería. |