EQUIPOS
- En Balonmán, os equipos están compostos por 7 xogadores ou xogadores:
- Seis xogadores ou xogadoras de campo.
- Un/ha xogador ou xogadora porteiro/a.
- Un/ha dos/as xogadores/as será o/a capitán/á.
MATERIAL:
- Unha portería a cada lado do campo. As medidas son 3 metros de ancho por 2 metros de alto, cunha rede/malla exterior suxeita aos postes e ao largueiro. As porterías estarán situadas na zona central de cada liña exterior de portería, dentro dunha área de 74,5 m².
- As porterías deben estar firmemente fixadas ao chan por medio de caxetíns ou outro sistema de anclaxe.
- Un balón de forma esférica, de coiro ou de material sintético. En función da categoría, o balón ten diferentes características:
| CATEGORÍAS | MEDIDAS | PESOS |
| Absoluta e xuvenís masculinos |
De 58 a 60 cm. |
De 425 a 475 gramos. |
| Absoluta e xuvenís femininas e cadetes masculinos | De 54 a 56 cm. | De 325 a 400 gramos. |
| Cadetes femininas e categorías inferiores | De 50 a 52 cm. | Máximo 315 gramos. |
| Minibalonmán (menos de 8 anos) | 48 cm. | Máximo 290 gramos. |