Saltar navegación

DEPORTES NA ESCOLA: BALONMÁN

OBXECTIVOS

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

a. Obxectivos lingüísticos

  • Ensinar ao alumnado vocabulario específico do Balonmán.
  • Permitir ao alumnado empregar expresións relacionadas co Balonmán.
  • Animar ao alumnado a empregar unha linguaxe formal e apropiada na clase de Educación Física.
  • Desenvolver habilidades de escoitar, falar e escribir correctamente na Lingua Galega.
  • Empregar o galego como lingua vehicular nas clases de Educación Física.

b. Obxectivos específicos de Educación Física

  • Explicar ao alumnado as normas da clase de Educación Física relativas ao Balonmán.
  • Axudar ao alumnado no cumprimento das normas das sesións do Balonmán.
  • Explicar ao alumnado os procesos de aprendizaxe específicos do Balonmán.
  • Comprobar a comprensión por parte do alumnado dos procesos de aprendizaxe específicos do Balonmán.
  • Crear un clima positivo de aula de cara ao Balonmán.
  • Integrar ao alumnado con distintas capacidades, facendo grupos flexibles na clase para xogar ao Balonmán.
  • Fomentar a autonomía do alumnado organizando torneos de Balonmán.
  • Valorar a participación e motivación positiva nas sesións e partidos de Balonmán máis que o resultado final.

c. Outros obxectivos

  • Ensinar ao alumnado o uso de Audacity.
  • Ensinar ao alumnado a gravar e editar vídeos e fotografías.
  • Empregar Canva para a realización de pósters e presentacións.
  • Usar o Dicionario da RAG para comprobar o galego escrito.
  • Buscar imaxes con licenza CC BY-NC-SA en internet.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)