Saltar navegación

1. Definición de Balonmán

Harpastum. Mosaico Romano
Sen autoría. Harpastum. Mosaico (CC BY-NC-SA)
  • O Balonmán, é un deporte de equipo, de cancha común e de participación simultánea.
  • Ten a súa orixe na antiga Grecia e no Imperio Romano. 
    • Gravados na muralla de Atenas ou Mosaicos na Vila Romana de Casale, mostran que xa xogaban cunha pelota e coas mans.
    • Tamén na literatura clásica, A Odisea fai referencia a xogos similares.
  • Para xogar empregamos un balón esférico, de coiro ou de material sintético, con 3 tamaños diferentes en función da categoría.
  • O espazo de xogo é rectangular, unha pista de 40 × 20 metros.
  • O obxectivo do xogo é marcar máis goles que o equipo contrario, desprazando o balón coas mans, para intentar introducilo dentro da portería contraria.
  • Nun partido de Balonmán xogan dous equipos con 7 xogadores ou xogadoras: 6 en campo e 1 Porteiro/a.
  • O Balonmán réxese por TRES principios tácticos comúns:
    1. Principio de progresión: avanzar cara ao campo contrario.
    2. Ocupación do espazo: crear espazos libres.
    3. Desmarque: separación dun/ha defensor/a, para ocupar unha boa posición.
  • As cualidades máis destacadas para xogar a este deporte son lanzar, pasar e recepcionar.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)