Saltar navegación

3. O campo de xogo

Carmen García e Xiana Guerra. Campo de xogo de Balonmán (CC BY-NC-SA)

A cancha onde se xoga a Balonmán ten forma rectangular e mide 40x20 metros.

Non obstante, se o ximnasio ou a instalación na que ides practicar Balonmán non ten estas dimensións, adapta as medidas ao espazo dispoñible.

Fíxate, agora, nas seguintes características da cancha:

FORMA E DIMENSIÓNS DO TERREO DE XOGO

Rectángulo de 40 metros de longo e 20 metros de ancho.

Os lados máis longos chámanse “liñas de banda” e os curtos “liñas de portería”.
Comprende unha zona de xogo dividida en 2 metades por unha liña central paralela as liñas de portería, e 2 áreas de portería.
SINALIZACIÓN BÁSICA

  • Liña de Golpe Franco: liña descontinua, trazada a 9 metros da portería.
  • Liña do Punto de Penalti: liña cun trazo dun metro de lonxitude, pintado fronte ao centro da portería, a una distancia de 7 metros da liña de portería.
  • Liña de área de portería: Liña continua, trazada a 6 metros da liña de portería.
  • Liña de restrición do/a porteiro/a: Liña trazada diante da portería a unha distancia de 4 metros da mesma. 
  • As liñas serán dunha cor que se distinga perfectamente da superficie de xogo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)