DEPORTES NA ESCOLA: Kin-Ball®
DEPORTES NA ESCOLA: KIN-BALL®
OBXECTIVOS
![](target.png)
Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY
a. Obxectivos lingüísticos
- Ensinar ao alumnado vocabulario específico do Kin-Ball®.
- Permitir ao alumnado empregar expresións relacionadas co Kin-Ball®.
- Animar ao alumnado a empregar unha linguaxe formal e apropiada na clase de Educación Física.
- Desenvolver habilidades de escoitar, falar e escribir correctamente na Lingua Galega.
- Empregar o galego como lingua vehicular nas clases de Educación Física.
b. Obxectivos específicos de Educación Física
- Explicar ao alumnado as normas da clase de Educación Física relativas ao Kin-Ball®.
- Axudar ao alumnado no cumprimento das normas das sesións do Kin-Ball®.
- Explicar ao alumnado os procesos de aprendizaxe específicos do Kin-Ball®.
- Comprobar o entendemento por parte do alumnado dos procesos de aprendizaxe específicos do Kin-Ball®.
- Crear un clima positivo de aula de cara ao Kin-Ball®.
- Integrar ao alumnado con distintas capacidades, facendo grupos flexibles na clase para xogar ao Kin-Ball®.
- Fomentar a autonomía do alumnado organizando torneos de Kin-Ball®.
- Valorar a participación e motivación positiva nas sesións e partidos de Kin-Ball® máis que o resultado final.
c. Outros obxectivos
- Ensinar ao alumnado o uso de Audacity.
- Ensinar ao alumnado a gravar e editar vídeos e fotografías.
- Empregar Canva para a realización de pósters e presentacións.
- Usar o Dicionario da RAG para comprobar o galego escrito.
- Buscar imaxes con licenza CC BY-NC-SA en internet.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0