Saltar navegación

2. Rutina de quecemento para Kin-Ball®

Rutina de quecemento
Gabin Vallet. Rutina de quecemento (CC BY-NC-SA)



Como xa sabes, é fundamental que realices exercicios de quecemento o máis a miúdo posible e SEMPRE que vaias practicar algún deporte.

Na túa rutina de quecemento, deberás incluír mobilidade articular, exercicios dinámicos e estiramentos.

Se queres facer a túa propia rutina de estiramentos para Kin-Ball®, preme na seguinte imaxe:

Icona webs

A modo de exemplos, podes empregar esta rutina de xogos e exercicios que propoñemos, e despois rematar a sesión cun partido de Kin-Ball®:

Xogo A-E-I-O-"COR" Xogo Pilla-Pilla Recepcións Lanzamentos Partidos
  • Xogo A-E-I-O-"COR":

Os/as xogadores/as pasaranse o balón á vez que nomean as vogais correlativamente por cada toque.

A- E- I- O... Cando toca dicir  “U”, nomearán a COR doutro equipo que terá que intentar recepcionar o balón para continuar o xogo.

  • Xogo: Pilla-Pilla:

Os/as xogadores/as que pillan,  desprazaranse polo espazo intentado golpear ao resto das/os xogadoras/es coa pelota xigante.

  •  Recepcións:

En grupos de 5, os/as xogadores/as realizarán recepcións variadas.

  • Técnica de lanzamentos:

En grupos de 5, os/as xogadores/as realizarán lanzamentos variados.

  • Partidos:

En equipos de 4, os/as xogadores/as realizarán pequenos partidos poñendo en práctica as normas de Kin-Ball®.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)