| DURACIÓN |
Un partido consta de 10 períodos. Un período termina cando un equipo consiga 11 puntos. |
| O partido remata cando un dos tres equipos consiga gañar catro períodos. | |
|
Poden realizarse os encontros por tempo, os modelos máis empregados son:
|
|
| COMEZO DO PARTIDO | Para determinar o saque inicial, lánzase un dado. A cor que quede cara arriba determinará o equipo que realiza o saque inicial. |
| O xogo comeza co lanzamento dun equipo dende o centro do campo. | |
|
Para o lanzamento, 3 xogadores/as teñen que facer o TRÍPODE. |
|
|
O equipo en posesión do balón, ten que pronunciar a palabra "OMNIKIN" e a continuación a COR do equipo que debe interceptar a pelota e realizar o golpeo. Exemplo:
|
|
|
Cando un equipo escoite a súa COR, debe intentar coller o balón antes que toque o chan ou saia fóra do campo. |
|
| PUNTUACIÓN |
Cando un equipo comete unha falta ou non recepciona a pelota antes de que toque o chan, os outros dos equipos anotan un punto. |
| Se un/ha xogador/a bloquea o balón de forma intencionada, anotan 1 punto os outros dous equipos. | |
| Cando unha persoa é irrespectuosa coas persoas do seu equipo recibirá avisos que poden conlevar puntos para os equipos rivais. |